BANDO. Peche dos establecementos de máis de 300 metros cadrados pola suspensión do Mercado Dominical o domingo 16 de agosto.

BANDO. Peche dos establecementos de máis de 300 metros cadrados pola suspensión do Mercado Dominical o domingo 16 de agosto.

As Festas Patronais da Nosa Sra. Da Xunqueira 2026, coinciden o 13 (xoves), 14 (venres), 15 (sábado) e 16 (domingo) de agosto.

As atraccións das festas estarán colocadas dende o día 12 ata o 17 de agosto.
Tendo en conta que, o domingo 16 de agosto está suspendido o Mercado Dominical. Infórmase que conforme ao artigo 8.h) da Lei 13/2006 de 27 de decembro de horarios comerciais de Galicia, gozan de liberdade horaria os establecementos comerciais que dispoñan dunha superficie útil para a exposición e venda ao público de menos de 300 metros cadrados.

Están excluídos os pertencentes a empresas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa, segundo a lexislación vixente.

É dicir, estes últimos deberán permanecer pechados o día 16 de agosto de 2026, dado que a súa apertura está vinculada a celebración do Mercado Dominical (artigo 8.e da mesma lei).

Faise público que, o Domingo 16 de agosto de 2026, os establecementos comerciais de máis de 300 metros cadrados permanecerán pechados.

BANDO. Peche dos establecementos de máis de 300 metros cadrados pola suspensión do Mercado Dominical o domingo 16 de agosto.

Deja un comentario