BANDO
As Festas Patronais da Nosa Sra. Da Xunqueira 2020, coinciden en fin de semana (15 e 16 de agosto).
Tendo en conta que, o domingo 16 de agosto está suspendido o Mercado Dominical, infórmase que conforme ao artigo 8.h) da Lei 13/2006 de 27 de decembro de horarios comerciais de Galicia, gozan de liberdade horaria os establecementos comerciais que dispoñan dunha superficie útil para a exposición e venda ao público de menos de 300 metros cadrados, excluídos os pertencentes a empresas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa, segundo a lexislación vixente. É dicir, éstes últimos deberán permanecer pechados o día 16 de agosto de 2020, dado que a súa apertura está vinculada a celebración do Mercado Dominical (artigo 8.e da mesma lei).
Faise público que, o Domingo 16 de agosto de 2020, os establecementos comerciais de máis de 300 metros cadrados permanecerán pechados.
Asinado dixitalmente ao marxe.
Alcaldesa do Concello de Cee.
Margarita Lamela Louzán.