O concello de Cee ven de convocar a través do BOP, a convocatoria de bolsas de comedor escolar para o presente curso 2020/2021
EXTRACTO DA CONVOCATORIA DO PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS PARA GASTOS DE COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLLO DE CEE CURSO 2020-2021
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8 da Lei 38/2003, del 17 de novembro, Xeral de Subvencións,
publicase o extracto da convocatoria. O texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións
1º Persoas beneficiarias:
Serán persoas beneficiarias desta convocatoria as unidades familiares de convivencia con menores de idade a cargo,
escolarizados en centros de ensino do termo municipal de Cee sostidos con fondos públicos que conten con servizo de comedor e que cumpran os requisitos esixidos na presente convocatoria.
Para os efectos desta convocatoria, considérase que forman a unidade familiar de convivencia os membros:
a) O/a menor.
b) Os cónxuxes, titores legais, familia de acollida ou parellas de feito.
c) Os/ as fillos/ as maiores de idade, e os/ as fillos/ as menores de idade residentes no domicilio familiar, de cada un dos proxenitores.
Os ingresos de todos os membros da unidade familiar serán tidos en conta a efectos de determinar a situación económica nos termos recolleitos nestas bases.
2º Finalidade:
Contribuir a paliar os gastos que xenera o pagamento dos gastos de comedor escolar dos cursos de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria e ESO, mediante o abono de todo ou parte dos gastos de comedor escolar a unidades familiares en situación de vulnerabilidade
3º Bases reguladoras:
As aprobadas por resolución da Alcaldesa, poden consultarse na páxina web do Concello e na Base Nacional de
Subvencións.
4º Importe:
A contía da bolsa será o importe total dos gastos de comedor escolar. O inicio do pagamento estará supeditado á data
da resolución da concesión das bolsas.
A partida orzamentaria á que se imputarán os gastos é a 231/481.00.
5º. Procedemento de solicitudes
As solicitudes formalizaranse por escrito en modelo normalizado achegando a documentación sinalada nas bases.
6º. Prazo de solicitudes
O prazo de solicitudes será de 20 días hábiles dende o día seguinte á publicación das bases da convocatoria no BOP
CEE
26/6/2020
MARGARITA LAMELA LOUZÁN
Prazo de Solicitude: 03/07/2020 ata o 31/07/2020 |
Podes consultar aquí as bases da convocatoria, onde encontrarás os requisitos esixidos, documentación necesaria para a presentación da solicitude, etc
BASES DA CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR 2020-2021 ÍNTEGRAS
Anexos
Anexo I. Solicitude de Bolsa de Comedor Escolar
Anexo I. Solicitude de Bolsa de Comedor Escolar
Anexo II. Declaración Responsable
Anexo II. Declaración Responsable
Anexo III. Modelo de Desestimento das Bolsas de Comedor
Anexo III. Modelo de Desestimento das Bolsas de Comedor
ACTUALIZADO 11/09/2020
Listado provisional admitidos/excluídos Bolsa de comedor escolar. Curso 2020- 2021
Listado provisional admitidos/excluídos Bolsa de comedor escolar. Curso 2020- 2021
Prazo de subsanación: 10 días hábiles a partir do 11 de setembro de 2020. (Ata o 25/09/2020) |
ACTUALIZADO 28/09/2020
Acta da Comisión de Baremo da Convocatoria do Programa Municipal Bolsa de comedor escolar. Curso 2020 – 2021
Prazo de alegacións: 10 días hábiles a partir do 29 de setembro do 2020. (Ata o 13/10/2020) |
ACTUALIZADO 11/12/2020
Concesión das Bolsas de Comedor Escolar. Curso 2020 – 2021
Concesión das Bolsas de Comedor Escolar. Curso 2020-2021