BOLSA DE EMPREGO PARA AS SUBSTITUCIÓNS DO POSTO DE OFICIAL DE PRIMEIRA DE MANTEMENTO DE POLIDEPORTIVOS

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA AS SUBSTITUCIÓNS DO POSTO OFICIAL DE PRIMEIRA DE MANTEMENTO DE POLIDEPORTIVOS EN SUPOSTOS DE AUSENCIA, INCAPACIDADE E SITUACIÓNS ANÁLOGAS DA TITULAR

Obxecto da convocatoria.

É obxecto das presentes bases regular o proceso de selección dun traballador/a para substitución en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular do posto, creándose unha bolsa de traballo da que formarán parte aqueles/as aspirantes que fosen seleccionados, co fin de cubrir ditas necesidades.

A selección de traballador/a será para o desenvolvemento das funcións e tarefas específicas da especialidade profesional correspondente (persoal laboral fixo, IV. Técnicos auxiliares, Oficial de primeira).

A bolsa de emprego non xerará por si mesma dereito algún fronte ao Concello e, por tanto, non producirá relación xurídica algunha co mesmo. Só ten o efecto de poder ser chamado polo Concello segundo a orde obtida na bolsa de emprego, en caso de necesidade.

Presentación de instancias.

Ata o día 15 de outubro de 2021. 

As instancias dirixiranse ó alcalde do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 13.30 horas, situado na rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña, ou na forma prevista nas Leis 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, ata o día 15 de outubro de 2021, nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.

Bases íntegras da convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego para a substitución do posto de oficial de primeira de mantemento de polideportivos en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular

Bases íntegras da convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego para a substitución do posto de oficial de primeira de mantemento de polideportivos en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular

Deja un comentario

TurismoCee