Campamento Respira 2026 Cee.

PROGRAMA MUNICIPAL “RESPIRA 2026”

Aberto o prazo de inscrición para o programa de conciliación familiar de verán

O Concello de Cee pon en marcha unha nova edición do programa municipal “Respira 2026”, unha iniciativa lúdico-educativa destinada a favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar durante o período vacacional de verán.

O programa está dirixido a nenas e nenos empadroados no Concello de Cee, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, escolarizados durante o curso 2025/2026 en Educación Infantil ou Primaria.

Datas e quendas

A actividade desenvolverase no CEIP Vila de Cee entre o 6 de xullo e o 31 de agosto de 2026, distribuída nas seguintes quendas:

  • 1ª quenda: do 6 ao 17 de xullo
  • 2ª quenda: do 20 ao 31 de xullo
  • 3ª quenda: do 3 ao 14 de agosto
  • 4ª quenda: do 17 ao 31 de agosto

O horario ordinario será de 10:00 a 14:00 horas, contando ademais cun servizo de entrada anticipada entre as 08:00 e as 10:00 horas para aquelas familias que acrediten necesidades de conciliación.

Prazo de solicitude

As solicitudes poderán presentarse do 5 ao 19 de xuño de 2026, ambos incluídos, mediante o modelo oficial dispoñible nos Servizos Sociais, no CIM e na páxina web municipal.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos na normativa administrativa vixente.

Criterios de selección

No caso de que o número de solicitudes supere as prazas dispoñibles, a adxudicación realizarase segundo os criterios de valoración establecidos nas bases, tendo en conta principalmente a situación laboral e sociofamiliar das unidades familiares solicitantes.

Documentación e formularios

Aprobación Bases

Bases íntegras

Anexo I

Anexo II

Máis información: Departamento de Servizos Sociais e Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Cee.

Deja un comentario