ACTUALIZADO 19/08/2024: CEEDIÑO. Servizo de apoio ás familias madrugadoras no CEIP Vila de Cee

O Concello de Cee, dende a Concellaría de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller poñen en marcha no CEIP Vila de Cee o servizo municipal de madrugadores «CEEDIÑO».

Será a partir do mes de setembro, coincidindo coa arranque do curso escolar. Os interesados poden entregar as solicitudes no concello dende o 24 de xullo ata o 07 de agosto de 2024, ambos días incluídos.

PERSOAS DESTINATARIAS

O programa está dirixido a familias con menores escolarizados no CEIP Vila de Cee que estean a realizar dende o segundo ciclo de educación infantil ata 6º curso de educación primaria; e que cumpran os requisitos da convocatoria.

  1. a) Usuario/a fixo/a. Será a persoa que se matricule e utilice o servizo de luns a venres, independentemente de que o utilice todos os días ou días concretos.

En caso dunha utilización do servizo distinta aos 5 días da semana, os días de utilización deberán ser días concretos previamente sinalados e solicitados mediante escrito motivado presentado con antelación de 7 días hábiles.
O Concello poderá negarse no caso de que as solicitudes de cambios na utilización do servizo supoñan problemas para a organización do mesmo, ou orixine problemas de compatibilidade no uso do servizo por parte dos/as outros usuarios/as.

  1. b) Usuario/a ocasional.Será aquela persoa que non está matriculada como usuario/a fixo/a no servizo e que, habendo praza, solicite a utilización do servizo en días soltos de forma ocasional por motivos de conciliación que deberán ser notificados e aboados polo menos con 24 horas de antelación á utilización do servizo.

O Concello deberá valorar estas solicitudes podendo negarse no caso de que a causa non obedeza a unha ocasionalidade, ou o que proceda sexa a utilización do servizo na súa modalidade de usuario/a fixo/a, ou no caso de non haber prazas para usuarios/as ocasionais dispoñibles

NÚMERO DE PRAZAS

O número de prazas será limitado a 36 prazas.
Cada participante con unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33% con un grado I de dependencia acreditada ou con un trastorno grave da conducta acreditado, computará a efectos da ocupación das prazas, como dous.

Cada participante con unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65% con un grado II ou III de dependencia acreditada, computará a efectos da ocupación das prazas, como tres.

Existe, a maiores, 3 prazas para o uso ocasional tal como se describe anteriormente.

HORARIO

O programa desenvolverase ao longo do ano nos períodos lectivos coincidindo co curso escolar.
O horario da actividade será de 7.30 a 9.30 horas, establecendo 4 momentos de recepción do alumnado.

PREZOS

As cotas pola prestación deste servizo aplicaranse conforme ao previsto no Prezo Público pola asistencia ao Programa de Servizo de Madrugadores/as.

Prazas ordinarias (fixo/a)

RENDA PER CÁPITA MENSUAL PREZO
Inferior ou igual a 200€ : 5€/mes
Superior ou igual a 500€:  20€/mes
Superior a 500€ e inferior ou igual a 1.000€:  30€/mes
Superior a 1.000€ e inferior ou igual a 2.000€:  40€/mes
Superior a 2.000€: 54,40€/mes

Prazas extraordinarias (ocasional)

Precio por día solto: 5€

DOCUMENTOS

Anexo I. Solicitude Inscrición no Servizo de Madrugadores

Anexo II. Declaración Responsable 

Anexo III: Baixa no Servizo de Madrugadores

Bases do Servizo de Madrugadores

ACTUALIZADO 19/08/2024

Publicación ACTA I: Listado provisional Programa Ceediño/Madrugadores 24-25

 

 

Deja un comentario

TurismoCee