MEDIDAS URXENTES DE EMPREGO GALICIA PARA MINIMIZAR O IMPACTO DO COVID-19

  • NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.
  • Se tes que realizar algún trámite urxente na túa demanda de emprego, poderás facelo a través da oficina virtual ou poñéndote en contacto telefónico coa túa oficina de emprego:

 

 

 

 

  • Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.
  • Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego.

Ademais, cómpre que teñas en conta que, no que se refire ás Oficinas de Prestacións dependentes do SEPE:

  • NON se terán en conta os prazos actualmente establecidos para solicitar a prestación ou subsidio. É dicir, o teu dereito á prestación ou subsidio queda plenamente asegurado sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalos.
  • Habilitaranse canles para a recuperación da demanda daquelas persoas inscritas con anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial.
  • NON se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.

Podes consultar outras medidas do SEPE no seguinte enlace:

En calquera caso, dende Emprego Galicia irase actualizando toda esta información á medida que se desenvolva o dito plan autonómico.

Podes consultar toda a información e recomendaciones sobre o COVID-19 na páxina web específica habilitada polo SERGAS en relación co coronavirus:

POR FAVOR! Evita acudir a túa oficina de emprego ou orientación laboral. Chama antes e resolveremos as túas dúbidas!

Para as zonas de Vimianzo, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Dumbría, Mazaricos e Muros

Oficina de Emprego de Cee: 881 880 480

Orientación Laboral do Concello de Cee: orientacion.laboral@cee.gal

Deja un comentario

TurismoCee