O CEIP Eugenio López comezará as obras de reforma este verán

Facebooktwittermail

O pasado mércores, o xefe territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana, visitou o CEIP Eugenio López de Cee con motivo das obras que próximamente terán lugar no colexio.

O alcalde en funcións, Juan Bautista Areas Lestón, e a concelleira de Deporte e Tempo Libre, Mª Carmen Díaz Freire, agradeceron que desde a Xunta de Galicia se proceda á reforma da cuberta, a reforma do saneamento e fontanería así como a substitución da caldeira.

No acto estivo presente o director do centro, Xosé Cañizo Martínez, e o o exdirector do mesmo, Manuel Canosa Fandiño, xubilado o ano pasado pero convidado ao acto por ser o impulsor destas reformas e que permitirán que o centro estea en perfectas condicións o vindeiro curso.