COMUNICADO. COVID-19. Taxis con licenza no concello de Cee

OCUPACIÓN DO VEHÍCULO

  • Os desprazamentos levados a cabo en TAXIS, teñen que facerse individualmente, é dicir, un ocupante por fila de asentos e en diagonal, coa excepción de que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores ou por outra causa xustificada.

LIMPEZA

  • Medidas de limpeza extraordinarias, consistente en limpeza diaria por quenda, debendo centrarse na desinfección diaria de superficies e puntos comúns ao tacto tanto para os usuarios como para os traballadores (posto de condución e cobranza, cadro de mandos, repisas, asas, barras de suxeición, agarradeiras, posabrazos e asentos, marcos inferiores das xanelas, mandos de apertura, etc.) así como a eliminación diaria de refugallos.
  • Empregaranse desinfectantes de uso público en xeral, como a lixivia (disolución 1:50 de lixivia cunha concentración de 30-50 gramos de lixivia por litro de auga, preparada recentemente).
  • A técnica de limpeza consistirá en aplicar a solución preparada, apuntando sobre cada un dos elementos descritos, de forma que queden totalmente bañados pola mesma e sometidos a súa acción desinfectante. A aplicación do producto non require aclarado.

COMUNICADO. Taxis con licenza no concello de Cee (RD 463/2020 de 14 de marzo)

COMUNICADO. COVID-19. Taxis

Deja un comentario

TurismoCee