Convocatoria para a selección de oito peóns para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2021
CONTRATACIÓN DE OITO PEÓNS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS 2021
Contrato de duración determinada a tempo parcial por obra ou servizo, tipo 501.
Categoría profesional: PEÓN ESPECIALISTA
Duración: Sete meses ou ata o 31/12/2021.
N.º de traballadores: 8.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Prazo de presentación de solicitudes dende o 23/03/2021 ata o 07/04/2021 |
DOCUMENTACIÓN A APORTAR:
OBRIGATORIA:
- Solicitude nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.
- Documentación acreditativa de estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo (Tarxeta de desemprego, certificado de períodos de inscrición, …)
- Documentación acreditativa de atoparse nalgunha das situacións de exclusión social sinaladas no punto 7 do artigo 5 destas bases:
- Mulleres.
- Maiores de 45 anos.
- Persoas desempregadas de longa duración. Para os efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
- Persoas con discapacidade.
- Persoas que vivan nun fogar no que ninguén teña emprego.
- Persoas con fogar monoparental.
- Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
- Persoas vítimas de violencia de xénero.
- Persoas sen fogar.
- Persoas en situación de drogodependencia
VOLUNTARIA:
Experiencia profesional:
Certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañada de documentación acreditativa da categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo. (Vida laboral + contrato de traballo)
Formación:
Formación específica, debidamente acreditada e homologada, relacionada co posto de traballo, impartida por administracións públicas ou por entidades e organismos autorizados.
Participación en programas de capacitación, formación e integración no mercado laboral organizados e/ou financiados polas Administracións Públicas.
A acreditación dos cursos/programas formativos realizarase mediante o correspondente certificado da súa realización.
ACTUALIZADO 15/04/2021
Listaxe provisional de admitidos e excluídos para a contratación de 8 peóns de obras e servizos.
Listaxe provisional de admitidos e excluídos para a contratación de 8 peóns de obras e servizos.
Data de publicación do decreto no taboleiro: 15/04/2021
Prazo de alegacións/emendas: Dende o 16 de abril de 2021 ata o 29 de abril de 2021 (ambos inclusive) |
ACTUALIZADO 04/05/2021
Listaxe definitivo de admitidos e excluídos e convocatoria da proba práctica para a contratación de 8 peóns de obras e servizos.
Data de publicación do decreto no taboleiro: 04/05/2021
Convocar aos aspirantes para a fase de oposición, o martes, día 11 de maio de 2021, ás 10:00 horas, no antigo Instituto Agra de Raíces, na Rúa Buenaventura Castro Rial, s/n. Os aspirantes deben acudir provistos do seu DNI orixinal e máscara para a prevención ante a COVID-19 |
ACTUALIZADO 07/05/2021
Puntuación Fase Concurso. Proceso selectivo para a contratación de oito peóns para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2021 (PEL-Concellos 2021)
Prazo de alegacións: Do 10 de maio de 2021 ao 24 de maio de 2021 |
Data de publicación do decreto no taboleiro: 07/05/2021
ACTUALIZADO 12/05/2021
Puntuación Fase Oposición. Proceso selectivo para a contratación de oito peóns para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2021 (PEL-Concellos 2021)
Prazo de alegacións: Do 13 de maio de 2021 ao 27 de maio de 2021 |
Data de publicación do decreto no taboleiro: 12/05/2021
MÁIS INFORMACIÓN
Bases: Bases Peón 2021
Anexo I: Peón 2021 (DOCX)
hola boas…son un chico con discapacidade…donde haberia que presentarse para este tipo de traballos…grazas
Bos días,
Pode presentar a solicitude no Rexistro Xeral do concello de Cee, no primeiro andar, ou ben presentar a solicitude por sede electrónica.
Xa saliu a lista de aspirantes?aquí na web non a vexo
Bos días,
En canto saia a lista de admitidos e as datas de realización da proba, publicarase na páxina web.
Boas tardes
Vaise publicar a lista da seleccion de personal de peón na web,ca fecha de examen?