ANUNCIO:
Recibida resolución de concesión da Consellería de Emprego e Igualdade en relación ao expediente TR351A 2022/000025-1 pola que se concede unha subvención para a contratación dun traballador o abeiro da Orde do 7 de xaneiro de 2022 na que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais, (DOG núm. 21, do 1 de febreiro).
Visto que a orde de convocatoria establece “As entidades beneficiarias da subvención solicitarán as persoas traballadoras que necesiten mediante a presentación de oferta de emprego na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir as persoas traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación, …”
Este Concello procederá a contratación ó abeiro de dita convocatoria dun traballador para o desenvolvemento do servizo “Socorrismo 2022” a través de oferta de emprego ante o SEPE de Cee.
– Contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral.
– Duración: Dous meses e medio (2,5)
– Nº de traballadores: 1.
– Selección de candidatos: Oferta de emprego no Servizo Público de Emprego.
– Requisitos específicos: Orde do 7 de xaneiro de 2022 na que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para o
fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais, (DOG núm. 21, do 1 de febreiro).
Máis información: Técnico local de emprego.
ACTUALIZADO 08/06/2022
ACTUALIZADO 20/07/2022
Candidatos remitidos ampliación oferta de emprego contratación dun socorrista 2022
Proceso selectivo contratación TR351A 2022 – Subvención para entidades locais que contraten traballadores desempregados para a realización de obras e servizos de interese xeral e social 2022. 1 Socorrista