Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo da celebración da festa de San Adrián de Toba

Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, así como da finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante as Festas de Santo Adrán de Toba

1º. Autorizar a ampliación en 1 hora e media sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, da finalización da festa/verbana popular “festa de Santo Adrán de Toba”, que se vai celebrar no Lg. Toba de Abaixo, da parroquia de Toba, deste termo municipal, na noite do venres, 16 de xuño, ao sábado, 17 de xuño, e na noite sábado, 17 de xuño, ao domingo, 18 de xuño, co cal, o horario máximo de finalización da verbena os días sinalados será ás 06.00 horas.

2º.Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, do peche dos establecementos de restauración (epígrafe III.2.5, Orde do 23 de outubro de 2020) da parroquia de Toba na noite do venres, 16 de xuño, ao sábado, 17 de xuño, e na noite sábado, 17 de xuño, ao domingo, 18 de xuño.

Deja un comentario

TurismoCee