Actualizado 09/07/2026: Biblioaventuras de Verán 2026

A partir do 1 de xullo queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa municipal «Biblioaventuras de Verán 2026», organizado pola Biblioteca Pública Municipal «Francisco Mayán» de Cee.

O programa desenvolverase durante os meses de xullo, agosto e o primeiro venres de setembro, ofrecendo actividades de animación á lectura, xogos, obradoiros creativos e outras propostas lúdico-educativas dirixidas a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos.

Prazo de presentación

As solicitudes poderán presentarse durante 7 días naturais, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP.

Lugar de presentación

As solicitudes deberán presentarse:

  • No Rexistro Xeral do Concello de Cee.
  • A través da Sede Electrónica do Concello de Cee.
  • Por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Documentación

As persoas interesadas deberán presentar:

  • ✅ Anexo I (solicitude) debidamente cuberto e asinado.
  • ✅ A documentación acreditativa que corresponda segundo a situación familiar, cando proceda.

Actualizado 09/07/2026

Decreto aprobación listado definitivo do programa municipal «Biblioaventuras de Verán»; na biblioteca pública municipal «Francisco Mayán»; de Cee. xullo-setembro 2026

Documentación para descargar

📄 Bases reguladoras do programa.

📄 Anexo I – Solicitude de inscrición.

📄 Anexo II – Solicitude de baixa.

📚 As prazas son limitadas e a participación adxudicarase conforme aos criterios establecidos nas bases da convocatoria.

Deja un comentario