Coa finalidade de animar aos escolares a ocupar o seu lecer na creación literaria e, así mesmo, propiciar neles unha reflexión sobre o mundo dos libros e a lectura como fonte irrenunciable de pracer e de coñecemento, a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” e a Delegación de Deportes, Cultura, Festexos e Turismo do Concello de Cee convocan un ano máis o Concurso Literario de “Achegamento ó Libro”.
1.- Poderán participar todos os alumnos de Educación Primaria.
2.- O tema estará relacionado co achegamento ó libro, buscando sempre fomentar o hábito da lectura da poboación.
3.- Os traballos serán orixinais, inéditos e cunha extensión máxima de dous folios por unha cara.
4.- Os relatos deberán estar escritos en lingua galega.
5.- Os traballos presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cee, sito no 1º andar da Casa do Concello (Rúa Domingo A. de Andrade, s/n) en horario de mañá de luns a venres de 9.30-13.30 horas, ou tamén se poden enviar por correo ordinario, antes de que remate o prazo fixado como o último día para a presentación dos traballos, ao Concello de Cee. Rúa Domingo A. de Andrade, s/n. 15270 – Cee (A Coruña), facendo constar: “Para o XXXIII Concurso Achegamento ó Libro”, título da obra, pseudónimo e curso do participante.
No caso da entrega física no Rexistro Xeral, ésta poderá facerse de forma individual ou por aula en sobre pechado, figurando no seu exterior a mención “XXXIII Concurso Achegamento ó Libro”, o título da obra, pseudónimo e o curso do participante. No seu interior, achegarase un sobre pequeno, tamén pechado, onde figuren os datos do autor/a (nome, apelidos, idade, título da obra, centro de estudos, curso, enderezo e teléfono de contacto) e o ANEXO I debidamente cuberto. Así mesmo, no caso de entregar os traballos por aula, débese deixar no Rexistro Xeral do Concello unha lista co nome dos/as alumnos/as participantes, xunto co nome do colexio, curso e nome co número do DNI da persoa que fai entrega do sobre cos traballos. O xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ao disposto nesta base, unha vez requirida a documentación que falte e dado o preceptivo prazo de dez días para a corrección de erros (art. 68 da Lei 39/2015 de 1 de outubro).
6.- O prazo de admisión rematará o 12 de abril de 2024