Escola de teatro municipal de Cee. Curso 2024-2025
Como cada ano en Cee, a Escola Municipal de Teatro de Cee abre o seu prazo de reserva de praza para que todas as persoas que o desexen poidan adquirir as habilidades necesarias para subirse ao escenario.
RENOVACIÓN DE PRAZA
O alumnado matriculado no curso 2023/2024 pode realizar a matrícula para este curso escolar (2024/2025) entre o 2 e o 6 de setembro de 2024 (Ámbolos dous inclusive)
ALUMNADO DE NOVO INGRESO
O día 9 de setembro publicarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web municipal (https://cee.gal) a oferta de prazas vacantes, abríndose un prazo de reserva destas prazas vacantes para o alumnado de novo ingreso, dende o 10 ata o 16 de setembro (ambos incluídos)
Para a súa adxudicación terase en conta a orde de entrada das solicitudes no rexistro municipal.
Publicación da lista de admitidos de novo ingreso e prazo para matricularse
O día 18 de setembro, publicarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na súa páxina web, o listado de admitidos que terán do 20 ata o 27 de setembro (ambos incluídos) para formalizar a matrícula no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera medio indicado no artigo 16.4 da Lei 39/2015 LPACAP .
TAXAS:
A contía das taxas regulada na Ordenanza Fiscal correspondente é a seguinte:
– Matrícula: 10 € por curso (ingresarase directamente na conta do Concello no momento de facela matrícula)
– Curso Grupo Infantil e Xuvenil: 60 €/curso
– Curso Grupo Adultos: 100 € /curso
O cobro das taxas correspondentes ao curso realizarase en dous pagos por domiciliación bancaria ou como determine a tesourería municipal.
Faranse efectivos na primeira quincena do meses de outubro e marzo.
ACTUALIZADO 09/09/2024
Apertura de prazo para reserva de prazas vacantes para o alumnado de NOVO INGRESO:
Anuncio prazas vacantes curso 2024/2025
ACTUALIZADO 18/09/2024
Alumnado admitido Curso 2024/2025 NOVO INGRESO
Prazo para a formalización de matrícula do 20 ao 27 de setembro (ambos incluídos)
Anuncio alumnado admitido Curso 2024/2025. NOVO INGRESO
FORMULARIOS
Formulario de renovación de praza
Formulario de matrícula Novo Ingreso.