Marcapáxinas 2021. Biblioteca Francisco Mayán

Este é o gañador do XVII Concurso “En busca do noso marca-páxinas”

Un ano máis, e xa van dezasete, a Biblioteca Pública Municipal «Francisco Mayán» do Concello de Cee está a facer o reparto, polos diferentes centros de ensino e centros sociais, do marca-páxinas gañador do XVII Concurso «En busca do noso marca-páxinas», obra realizada por Azara Antelo García e que leva por título «A lectura, un mundo de cores».

Do marca-páxinas gañador (figurando no reverso o calendario do vindeiro ano) faise unha tirada de 2.000, a cal é patrocinada pola Imprenta Paco de Cee, colaboración que mantén dende a terceira edición do Concurso «En busca do noso Marca-páxinas».

A entrega deste pequeno agasallo faise para agradecer a participación do alumnado, dos distintos centros educativos, nos diferentes concursos convocados pola Biblioteca Pública Municipal «Francisco Mayán» do Concello de Cee, mostrando o traballo gañador e lembrando co calendario que no próximo ano teñen unha cita coa Biblioteca e os seus concursos, e tódolos días do ano cos seus libros.

Aproveito a ocasión para enviar os máis afectuosos e sinceros desexos dun feliz Nadal e un ano novo que faga realidade os vosos soños.

Un saúdo e moita saúde,

José Ramón Rey Senra

Biblioteca Pública Municipal «Francisco Mayán»

Casa da Cultura, 3º andar

Paseo do Alcalde Pepe Sánchez, nº 9

15270-Cee (A Coruña)

Deja un comentario

TurismoCee