Este é o gañador do XVIII Concurso “En busca do noso marca-páxinas”
Un ano máis, e xa van dezaoito, a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee está a facer o reparto, polos diferentes centros de ensino e centros sociais, do marca-páxinas gañador do XVIII Concurso “En busca do noso marca-páxinas”, obra realizada por Antón Sambade Vázquez e que leva por título “Ler, ler e ler é o meu superpoder». Do marca-páxinas gañador (figurando no reverso o calendario do vindeiro ano) faise unha tirada de 2.500, a cal é patrocinada pola Imprenta Paco de Cee, colaboración que mantén dende a terceira edición do Concurso “En busca do noso Marca-páxinas”. A entrega deste pequeno agasallo faise para agradecer a participación do alumnado, dos distintos centros educativos, nos diferentes concursos convocados pola Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee, mostrando o traballo gañador e lembrando co calendario que no próximo ano teñen unha cita coa Biblioteca e os seus concursos, e tódolos días do ano cos seus libros.
Aproveito a ocasión para enviar os máis afectuosos e sinceros desexos dun feliz Nadal e un ano novo que faga realidade os vosos soños.
Un saúdo e moita saúde,
José Ramón Rey Senra
Biblioteca Pública Municipal «Francisco Mayán»
Casa da Cultura, 3º andar
Paseo do Alcalde Pepe Sánchez, nº 9
15270-Cee (A Coruña)