O día 17 de decembro iniciamos a programación para este Nadal, cheo de música, baile, teatro, maxia, contos, xogos … e por suposto a Cabalgata dos Reis Magos.
VENRES 17 DE DECEMBRO
Presentación literaria da primeira novela de Marcos Porto «Marco di Murano», ás 18.00 h. na Casa de Cultura de Cee e ás 20.00 h. terá lugar a presentación literaria do libro «Carromeiro Chico. Una baliza de leyenda» de Vicente Jesús Bernal.
SÁBADO 18 DE DECEMBRO
Auditorio Baldomero Cores: 20.00 horas.
Concerto de PILI PAMPIN
A popular cantante galega felicitaranos as festas nun concerto moi especial que incluirá desde os seus grandes éxitos ata coñecidas panxoliñas.
MARTES 21 DE DECEMBRO
Auditorio Baldomero Cores: 19.00 horas.
Festival de Nadal cos alumn@s da Escola Municipal de Música
XOVES 23 DE DECEMBRO
Auditorio Baldomero Cores: 17.30 horas.
Barafunda: Globotolo
Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Entradas a 3 e 5 euros. (Espectáculo + 3 anos)
O pallaso Lolo, fará as delicias dos máis pequenos e sorprenderán ós máis grandes, facendo figuras imposibles con globos e gag divertidos. Un espectáculo dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público se sinta parte integrante do espectáculo. Divertidísimo para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión do clown mistúrase nun cóctel de risas e gargalladas.
XOVES 24, NOITEBOA
Nesta xornada tan especial, Papá Noel visitará a nosa vila. Temos preparada unha gran festa na Praza da Constitución entre as 16.30 e as 19.30 horas, en caso de choiva trasladarase ao Pavillón Municipal de Cee.
DOMINGO 26 DE DECEMBRO
Auditorio Baldomero Cores: 17.30 horas.
Malasombra: Os fabulosos Cleaners
Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Entradas a 3 e 5 euros. (Espectáculo + 3 anos)
Espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia con Xoque Carbajal e Jouse García.
LUNS 27 DE DECEMBRO
Auditorio Baldomero Cores: 17.30 horas
Mago David Maestro
Rede Cultural Deputación A Coruña.
Entradas a 3 e 5 euros. (Espectáculo + 6 anos)
O mago que se deu a coñecer en programas de TV como Got Talent ou Pura Magia, percorre a provincia co seu espectáculo ‘Soñando Desperto’. David Mestre é un mago que naceu na Coruña hai 21 anos, aínda que pasou toda a súa nenez e parte da mocidade en Vigo. Quixo ser moitas cousas, desde moi pronto buscou o seu camiño e atopouno rápido. O seu compromiso coa maxia vai máis aló do espectáculo, sempre ten unha baralla no peto para sorprender cun xogo e mostrar moito de si mesmo a través do seu talento.
MARTES 28 DE DECEMBRO
Auditorio Baldomero Cores: 17.30 horas.
Cia. Titiribaile: A volta ao día en 80 mundos
Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Entradas a 3 e 5 euros. (Espectáculo + 3 anos)
Teatro de contos no que un persoaxe sacado da obra de Xullo Verne, dará a volta a un día estando en 80 mundos. Daremos un paseo polos distintos continentes e coñeceremos datos curiosos sobre eses lugares da man da narradora Erica González e a música de Pablo Balseiro.
MÉRCORES 29 DE DECEMBRO
Auditorio Baldomero Cores: 17.30 horas.
Galitoon: Güela- Güela
Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Entradas a 3 e 5 euros. (Espectáculo + 3 anos)
Único espectáculo dunha compañía galega no Museo Nacional del Prado. Baseada na obra “Concierto de aves” de Frans Snyders. Unha historia cargada de diversión, humor e música, que realza a importancia da amizade, a solidariedade e a familia pero sobre todo, o importante que é voar sempre en grupo e nunca só, para protexernos dos perigos que nos podemos atopar.
MÉRCORES 5 XANEIRO, REIS
Desde as 17.00 horas no Museo Fernando Blanco, RECEPCIÓN ás SS.MM. REIS MAGOS DE ORIENTE. Despois de saudar a todos os nenos e nenas percorrerán a vila na tradicional CABALGATA pasando polas rúas Domingo Antonio de Andrade, Praza das Palmeras, Avenida Fernando Blanco, Avenida Fisterra, Rúa Pontevedra, Estatuto de Autonomía, Rúa Independencia, Avenida Lino Rodriguez Madero, Praza Ketty Quintana, Estatuto de Autonomía, Rúa Europa e Praza da Constitución.
* Será de uso obrigatorio o emprego de máscara para asisitir a todas as actividades.
* Recoméndase evitar na medida do posible as aglomeracións.
* Para as actividades teatrais e de maxia: dias, 23, 26, 27, 28 e 29 de decembro, ademáis das entradadas individuais por espectáculo haberá un bono desconto para os cinco días: 10 euros para os nenos e 15 euros para os adultos. Tanto os bonos como as entradas poderanse mercar na Biblioteca Francisco Mayán.