Nadal Cultura 2016/2017

Facebooktwittermail
Programa do Nadal Cultura 2016/2017

Con motivo da presentación das actividades do Nadal Cultura 2016/2017, esta mañá déronse cita no Salón de Plenos do concello o Alcalde, Ramón Vigo, a Concelleira de Cultura e Deportes, Carmen Díaz e o técnico municipal de Cultura, Víctor Castiñeira. Decembro é sempre un mes que destaca pola actividade cultural no Concello de Cee. Diferentes actos encherán de vida o Nadal ceense con teatro, pasarrúas, música e deporte.

Nestas datas, os pequenos son os verdadeiros protagonistas e, por este motivo, a maioría das actividades culturais que se desenvolverán están orientadas a este esixente público. Así, o mércores 14 de decembro haberá unha sesión de contacontos para os alumnos de educación infantil e primaria dos centros escolares de Cee. O xoves, 15 de decembro, serán os alumnos da ESO os que acudirán á Casa da Cultura ceenese para disfrutar do teatro. Tamén o sábado, 17 de decembro, os máis pequenos da vila poderán disfrutar dun Contacontos Solidario en dúas sesións diferenciadas por ideades: de 1 a 5 e de 4 a 8 anos. Nesta actividade, organizada pola Concellería de Presidencia, Besnestar Social, Emprego e Igualdade, aprenderán tamén de solidariedade xa que a entrada do espectáculo será en forma de xoguete ou libro que será destinado para @s menores usuarios dos Servizos Sociais do Concello de Cee. Xa de cheo nas vacacións, terá lugar a Semana do Teatro Infantil no Nadal dende o 26 ata o 30 de decembro. O Nadal Cultural rematará coa Festa de Benvida ás SS.MM. Reis Magos de Oriente o día 5 de xaneiro a partir das 17h.

Pero os maiores tamén terán tempo para disfrutar do Nadal en Cee. O sábado, 17 de decembro, a Casa da Cultura acolle o espectáculo “Menú da Fala” con Carlos Blanco e Luis Davila, unha simbiose entre narración e imaxe que homenaxea á lingua galega e coa que soñar e rir. As entradas son de valde pero hay que recoller invitación previamente nas taquillas.

Coma sempre, a música tamén ten o seu espacio. Por unha banda, co II Concerto de Panxoliñas no Nadal coa Coral Neria Costa da Morte e a participación da Coral Polifónica Padronesa que terá lugar o domingo, 18 de decembro. Por otra banda, o martes 20 de decembro, será turno para o Festival de Nadal dos alumnos da Escola de Música de Cee.

Ademáis, o Concello de Cee acollerá este venres a III Gala Correndo pola Costa da Morte, que será presentada polo xornalista Terio Carrera e na que, a ceense Susana Gómez Castiñeira, recollerá o testigo como madriña do circuito.