Para poñer un gran peche ó mes de agosto

Venres 26 ás 20.30 horas. Novo circo. PistaCatro: Totum Revolutum Totum Revolutum é unha disparatada viaxe a través das diferentes modalidades de circo, desde os clásicos aos contemporáneos pasando polos rexistros máis de rúa e participativos.

Sábado 27 ás 22.00 horas. Teatro de Rúa. Os Quinquilláns: Simbad e a serea. A compañía “Os Quinquilláns” reflexiona nesta obra orixinal sobre o mundo do traballo no mar desde o punto de vista do realismo máxico. Trátase dun espectáculo donde Tero Rodriguez (Serea, mariscadora) e Lucho Penabade (Simbad) animan á participación do público a través da manipulación de obxectos e dunha excursión mergullándose tras unha gran balea branca inchable.

Domingo 28 ás 22.00 horas. Novo circo. Asacocirco: Circo de lume Un espectáculo de pura acción, que ten como obxetivo manter a atención ao 100% e impresionar ao público. «Circo de lume»é un espectáculo para todos os públicos, ideal para a noite. Consta de emocionantes números, que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofaxia…

Luns 29 ás 20.30 horas. Novo circo. PistaCatro: Bicirco Un Circo que viaxa sobre tres rodas. Un Biciclo do século pasado transformado nun espectáculo ambulante. Un circo sostible, que non emite gases nin polución, alternativo, funcional, autopropulsado e ben equilibrado. Dimitri Cavalli é unha excéntrica personaxe, de múltiples personalidades.

Martes 30 ás 20.30 horas. Teatro. Ghazafelhos: As mil e unha noites Tres actores do lonxano oriente veñen a contar a historia de Sherezade e de cómo ó seu inxenio logrou cautivar a un dos Sultáns máis despiadados de toda Persia. As mil e unha Noites!! Subidos en zancos, e con aspecto de xenios convidan ó publico que se acomode ó redor do carromato que, transfórmase en escenario-escenografía en cuestión de segundos.

Deja un comentario

TurismoCee