Programación Marzo 2022

Mércores 2 de marzo ás 18.30 h.

 

Sala de Exposicións

Ás 18.30 horas charla de divulgación sobre os avances na investigación do cancro a cargo de Andrea Rodríguez Alonso (Axuda Predoutoral AECC. Instituto de investigación Biomédica de A Coruña).

Foi no ano 1971 cando a Asociación Española Contra o Cancro comezou a apostar pola ciencia e a investigación como elemento fundamental para avanzar na cura do cancro. Un momento en que a sociedade aínda non concibía o importante papel da investigación na mellora da calidade de vida e da superviviencia dos pacientes.

Sen dúbida, a investigación será fundamental para o futuro dos pacientes e para alcanzar esa ansiada curación do cancro, e que a asociación quixo plasmar nesta exposición que se poderá ver na Casa de Cultura ata o día 16 de marzo.

 

FIN DE SEMANA DE ENTROIDO

Venres 4 de marzo ás 21.30 h.

Praza do 8 de marzo

 Colle o teu disfraz e ven a bailar coa Disco Móvil CDC

Sábado 5 de marzo ás 16.30 h.

Praza da Constitución, de 16.30 a 19.30 h.

Festa infantil de entroido, con hinchables para todas as idades, música, pintacaras e tattoos.

Domingo 6 de marzo ás 19.30 h.

Auditorio Baldomero Cores

Obra: maiores 12 anos

Entradas a 12 € en Woutick.es e na Casa de Cultura.

EL SEVILLA: LA VIDA ES ROCANROL

Ao rematar un concerto da súa banda, os Mojinos, O Sevilla entra no seu camerino apestando a Rock and Roll. Ó quitarse os seus farrapos de leopardo e os seus colares oxidados, non só íspese por fóra, íspese tamén en corpo e alma e confesa o duro que é vivir sendo un rockeiro, non polo feito de ser rockeiro, senón polo feito de vivir: deitarse ás 7 da mañá non é Rock and Roll, levantarse ás 7 da mañá, si.

Qué pensa a súa nai dos seus pelos, da súa roupa e das súas tatuaxes? Cómo educa aos seus fillos un tipo que ten un grupo que se chaman os Cus Escozíos? Qué fai unha Rock Star cando lle toca ser presidente da súa comunidade de veciños?

Estas e moitas outras dúbidas serán resoltas en “A vida é rocanrol”, hora e media de risas sen parar.

Mércores 9 de marzo ás 11.30 horas

 

 

 

Auditorio Baldomero Cores

Alumnado de ensino secundario

Proxección e posterior coloquio con integrantes da curtametraxe As tres caídas de María Santiso, da productora coruñesa Melgo Cinema e protagonizada por Lucía Veiga. Trátase dunha curta na que se fai referencia á problemática do rural galego.

Xoves 10 de marzo ás 11.00 h.

Auditorio Baldomero Cores

Alumnado de ensino primario

Os Títeres de Mircromina, coa súa forza expresiva, e o poder da música en directo de Alejandro Vargas, póñense o servicio dunha divertida historia do momento chave para Stela, a nai, que rematada a súa baixa por maternidad, vai retomar a actividade profesional, mentres Cromina, o pai, teráse que facer cargo do coidado do bebé.

Un triángulo de historia actual, música en directo e títeres de guante que realiza un percorrido por aqueles conceptos que nos permiten reflexionar acerca da igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos, con especial énfase na reincorporación profesional da muller despois de ser nai e a corresponsabilidade do home como pai nos coidados do bebé.

Venres 11 de marzo ás 19.00 h.

Auditorio Baldomero Cores

Actividade informativa a cargo da Unión de Consumidores de Galicia dirixida a persoas consumidoras afectadas polo coñecido como “Cártel dos coches” no que informarán dos dereitos que lles asisten así como o procedemento a seguir e documentación precisa para reclamar.

A problemática do cártel dos coches trae orixe nos expedientes sancionadores tramitados pola CNMV que remataron en distintas sancións (a súa maioría xa ratificadas polo Tribunal Supremo) a 34 marcas de vehículos polo intercambio de información confidencial que lles permitiu controlar o mercado da distribución e venda de vehículos.

Este cártel afectou a persoas, profesionais e empresas que adquiriron un vehículo ben por compra, leasing ou renting entre os anos 2006 a 2013.

Sábado 12 de marzo ás 20.00 h.

Salón Teatro de Santiago de Compostela

Obra: maiores 12 anos

Entradas:  prezo especial: 6 € (inclúe bus gratuito)

Reserva de prazas (entrada e bus) na Biblioteca Pública Municipal (Casa de Cultura, 3º andar, de luns a venres, de 9.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas).

 CENTRO DRÁMATICO GALEGO: A PESTE

 «A peste» conta con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó, que explicaba que o seu obxectivo foi que quedase unha peza na que a xente recoñecese desde o teatro a Camus e a súa obra. En un principio, serán máis de dúas horas de espectáculo teatral «no que a palabra e o texto van estar en primeira liña». O dramaturgo e director resaltaba que buscou unha «peza amena e na que o público o pase ben». No espectáculo fálase metaforicamente das grandes pragas causadas polo ser humano, como guerras, cambio climático ou as crises migratorias.

O elenco artístico desta primeira estrea do Centro Dramático Galego no 2022 está formado por Evaristo Calvo, César Cambeiro, Nacho Castaño, Xurxo Cortázar, Salvador del Río, Casilda García, Paku Granxa, Luís Iglesia, Tone Martínez, Rebeca Montero, Marcos Orsi, Santiago Prego, María Roja, Santiago Romay e Carlos Sante.

Domingo 20 de marzo ás 19.30 h.

 

 

Auditorio Baldomero Cores

AVOAS DE LAXE E COMPAÑÍA

As avoas de Laxe e compañía son un grupo de teatro que nace cos únicos obxectivos de divertirse e exercitar a mente. Pouco a pouco descubren que son superheroínas, e ademáis de divertirse poden acabar co machismo da sociedade.

A obra componse de 9 pezas, nas que, en clave de humor, invítase a pensar e reflexionar sobre os comportamentos machistas na actualidade.

Baseada, maioritariamente, en feitos reais, eso sí, con escenarios ficticios, inclúe algúns momentos musicais

Venres 25 de marzo ás 20.30 h.

Auditorio Baldomero Cores

Proxección do monólogo homónimo do filme Aquí tou!, dirixido por Jairo Iglesias e Xosé A. Touriñán. Será este último quen realice un percorrido pola súa vida, desde o seu nacemento ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos e todas nos sentimos identificados e identificadas.

Sábado 26 de marzo ás 20.00 h.

Auditorio Baldomero Cores 

Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

Obra: maiores 12 anos

Entradas a 3 e 5 €

TALIA TEATRO: MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA

Milán, 1969. Un anarquista falece tras caer pola ventá dunha comisaría na que está sendo interrogado pola policía. En plena investigación xudicial dos feitos, a aparición en dita comisaría dun “tolo” que se fai pasar por diferentes personaxes logrará darlle a volta ás indagacións e descubrir a verdade.

Cunha sátira implacable chea de humor, Dario Fo pon en evidencia a natureza da policía, os seus métodos manipuladores e a súa función represora, así como o importante papel dos medios de comunicación na súa busca da noticia e do “escándalo”.

Unha aposta máis da compañía polas montaxes de gran formato nunha ácida comedia coa que Dario Fo conseguiu seducirnos, agora baixo a versión e dirección de Candido Pazó.

Domingo 27 de marzo ás 18.00 h.

Auditorio Baldomero Cores

Obra: maiores 6 anos

Rede Cultural Deputación de A Coruña

Entradas a 3 e 5 €

O mago que se deu a coñecer en programas de TV como Got Talent ou Pura Magia, percorre a provincia co seu espectáculo ‘Soñando Desperto’. David Mestre é un mago que naceu na Coruña hai 21 anos, aínda que pasou toda a súa nenez e parte da mocidade en Vigo. Quixo ser moitas cousas, desde moi pronto buscou o seu camiño e atopouno rápido. O seu compromiso coa maxia vai máis aló do espectáculo, sempre ten unha baralla no peto para sorprender cun xogo e mostrar moito de si mesmo a través do seu talento.

Deja un comentario

TurismoCee