O sábado 27 de xuño terá lugar en Cee a 2ª Carreira Pedestre Concello de Cee 2015
Esta proba se enmarca dentro do «II Circuíto de Carreiras Populares CORRENDO POLA COSTA DA MORTE 2015» e ademáis:
a. Está incluída no «Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo».
b. Está dentro do «III Circuíto Provincial de Carreiras Populares 2015» da Deputación Provincial da Coruña.
A continuación facilitamos información sobre a proba (categorías, horarios, percorridos, inscricións, etc.) que xa se pode consultar e descargar:
- Regulamento da proba.
- Modelo autorización paterna.
- Plataforma para as inscricións (a partir da categoría benxamín): www.championchipnorte.com
- Enlaces web de interés: www.carreirasgalegas.com; www.atletismogalego.com; www.dicoruna.es/deportes
Máis información na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar Casa do Concello), chamando ao teléfono 981.745100 (extensión nº 3) ou no e-mal deportes@cee.gal