Comeza o programa «Andainas: Coñece a Costa da Morte”. As andainas supoñen a excusa perfecta para coñecer novos e fermosos paraxes da Costa da Morte mentres se practica deporte e se disfruta da natureza.
Esta de 2018 é xa a 6ª edición do ciclo de andainas por excelencia da Costa da Morte que está organizado polos Departamentos de Deportes dos concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.
Calendario
7 de abril Camariñas. Coñece camiños (lineal).
14 de abril Cee. Polos camiños de Ameixenda: onde se funden as pedras co mar (circular).
21 de abril Dumbría: Río Alvarellos (circular).
28 de abril Fisterra:A Orca vella (circular).
5 de maio Ponteceso: Miradoiros (lineal).
12 de maio Vimianzo: Tras a pegada das grandes pedras (lineal).
26 de maio Corcubión: Camiño do igrexario e roteiros de pescadores (lineal).
2 de xuño Múxía: Roteiro por Muxía (lineal).
9 de xuño Mazaricos: Ruta do romaxe (lineal).
Distancias e horarios
- As distancias das rutas poderán variar entre os 10 e os 15 quilómetros.
- A organización poderá modificar o recorrido previsto si o estima oportuno.
- As andainas empezarán ás 10:00 am e acabarán entre as 13:00 e as 14:00 pm, dependendo do traxecto.
Inscrición
- Para participar no programa de andainas debes inscribirte no teu concello.
- No caso de non pertencer a ningún dos concellos organizadores, poderás inscribirte en calquera deles.
- Poderán participar nenos a partir dos 7 anos, acompañados dun adulto responsable (ata16 anos) e firmando os titores unha autorización.
- O prazo de incrición acabará o xoves previo á realización da actividade.
- Todos os participantes estarán cubertos por un seguro de accidente.
Buses
- Cada concello fletará un autobús para o desprazamiento dos participantes, siempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. No caso contrario os participantes deberán desplazarse pola súa conta ata o punto de partida.
En Cee, a inscrición debe realizarse no Servizo de deportes do Concello de Cee ou ben a través do teléfono 981745100 (ext. 3) ou no correo electrónico deportes@cee.gal.
Estou interesada nas andainas 2019.Podrian enviar informacion.
Gracias
Hola Begoña. O programa das Andainas 2019 está aínda en proceso. Normalmente, comezan sobre o mes de abril pero encanto teñamos a información dispoñible a poremos á vosa disposición. Gracias polo teu interese.