CEE SEMPRE EN FORMA. Programación Deportiva Municipal Curso 2022/2023.

Co novo curso, comeza tamén a Programación Deportiva Municipal do Concello de Cee que foi presentada esta mañá (09/09/2022) en rolda de prensa pola alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, o concelleiro de deportes, Juanma Buiturón e o técnico municipal de deportes, Manolo Calo.
A Concellería de Cultura e Deportes a través do Servizo de Deportes Municipal, en colaboración coa alcaldía xa teñen diseñado o Programa Deportivo Municipal para o novo curso 2022-2023

No programa deportivo municipal para este curso 2022-2023, ofrecémosvos unha variada oferta físico-deportiva deseñada dacordo ás demandas dos usuarios e usuarias e baseada na calidade, a sáude e a diversión.

Dende o concello apostamos polo deporte para todos, polo deporte en familia e por unha poboación activa e concienciada cos hábitos de vida saudables.

Por iso, este programa ofrece actividades para nenos e nenas, xóvenes, adultos e maiores. Máis de 30 propostas que fan da oferta de Cee, unha das máis completas da provincia.

O deporte de base, a través das escolas deportivas desenvolvidas polos clubs do municipio, xunto á importante rede de instalacións coas que contamos na vila (comandadas polo complexo deportivo da “Piscina Municipal” e polo “Estadio Municipal de Fútbol San Paio de Refoxos”), son os pilares fundamentais do noso sistema deportivo local.

Desexamos que atopedes as actividades e/ou disciplinas que mellor se adapten aos vosos gustos e condicións.

Desfrutade da práctica do deporte en Cee.

CEE, SEMPRE EN FORMA!

Un saúdo

Margarita Lamela Louzán

Podes consultar aquí todas as actividades:

ESCOLAS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS

POBOACIÓN INFANTIL

EDUCACIÓN FÍSICA DE BASE

Actividade destinada ao desenvolvemento psicomotriz dos nenos e nenas de 4 a 6 anos (nados 2016-2018).
Día e horario: xoves das 17:00 ás 17:45 horas.
Instalación: no Pavillón Municipal de Brens (Cee).
Pre-inscrición: na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee ou ben chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 9).
Taxa: 40 €/curso.
Forma de pago: único ou fraccionado (20 €/catrimestre)

Data límite de inscrición será o mércores 28 de setembro

Data prevista de comezo xoves 6 de outubro

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE PATINAXE

Actividade destinada á formación de nenos e nenas de 5 a 14 anos (nados 2008-2017) nas habilidades de deslizamento sobre rodas.

Día, horario e instalación: martes das 19:00 ás 19:45 horas no Pavillón Municipal de Cee.

Pre-inscrición: na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee ou ben chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 9).

Prazas limitadas: 30. Se hai máis pre-inscritos que prazas, os admitidos determinaranse a través dun sorteo público, que terá lugar o
xoves 29 de setembro ás 10:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello (2º andar).

Taxa: 40 €/curso.

Forma de pago: único ou fraccionado (20 €/catrimestre).

Data límite de inscrición será o mércores 28 de setembro

Data prevista de comezo martes 4 de outubro

ESCOLA DEPORTIVA DE FÚTBOL SALA CLUB F.S.F. VILLA DE CEE

Impartida polo club FÚTBOL SALA FEMENINO VILLA DE CEE.

Categorías, días e horarios:

PREBENXAMÍNS (nados 2015-2016): luns e mércores das 17:00 ás 18:00 horas.
BENXAMÍNS (nados 2013-2014): luns e mércores das 18:00 ás 19:30 horas.
ALEVÍNS (nados 2011-2012): luns e mércores das 19:30 ás 21:00 horas.
Instalación: no Pavillón Municipal de Cee.
Pre-inscrición: na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee ata o 23 de setembro de 2022 ou ben chamando ao teléfono
679.012.595 (F.S.F. Villa de Cee).
Prezo: 20 €/mes.

Data prevista de comezo luns 26 de setembro

ESCOLA DEPORTIVA DE ATLETISMO CLUB ASOCIACIÓN DEPORTIVA OLIMPIA

Impartida pola ASOCIACIÓN DEPORTIVA OLIMPIA DE CEE dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2005 e 2015.
Categorías, días e horarios:

BENXAMÍNS e ALEVÍNS (nados entre 2013-2015): luns e mércores das 17:45 ás 19:00 horas.
RESTO DE CATEGORÍAS (nados entre 2005-2012): luns, mércores e venres das 19:00 ás 20:15 horas.
Instalación: no Estadio Municipal de Fútbol San Paio de Refoxos de Cee.
Pre-inscrición: no facebook da Asociación Deportiva Olimpia ata o 28 de setembro de 2022 ou ben chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 9).
Prezos: 50 €/trimestre.

Data prevista de comezo luns 3 de outubro

ESCOLA DEPORTIVA DE BALONCESTO CLUB A.C. BALONCESTO CLUB A.C. BALONCESTO COSTA DA MORTE

Impartida polo club de baloncesto A.C.B. COSTA DA MORTE dirixida a nenos e nenas a partir dos 5 anos.
Días e horarios: martes e xoves das 17:45 ás 19:00 horas.
Instalación: no Pavillón Municipal de Cee.
Pre-inscrición: chamando ao teléfono 629.136.817 (Club A.C.B. Costa da Morte) ou ben no email acbcostadamorte@hotmail.com
Prezo: 20 €/mes.

Data prevista de comezo martes 13 de setembro

ESCOLA DEPORTIVA DE FÚTBOL CLUB S.R.D. UNIÓN CLUB CEE

Impartida polo club S.R.D. UNIÓN CLUB CEE dirixida a nenos e nenas a partir dos 4 anos.
Categorías, días e horarios:

BIBERÓNS (2017-2018) e PREBENXAMÍNS (2015-2016): mércores e venres das 17:45 ás 19:00 horas.
BENXAMÍNS (2013-2014): martes e xoves das 17:45 ás 19:00 horas.
ALEVÍNS (2011-2012): mércores e venres das 18:00 ás 19:15 horas.
PROMESAS FEMININO (2011-2016): martes e xoves das 18:00 ás 19:15 horas.
INFANTÍL FEMININO (2009-2010): luns e mércores das 19:00 ás 20:45 horas.
• Instalación: no Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos de Cee.
• Pre-inscrición: no Estadio, chamando ao teléfono/whatsapp 665.168.663 ou ben no email unionclubcee@gmail.com
• Prezo: 20 €/mes (2 irmáns 30€/mes).

ESCOLAS DE TAEKWON-DO I.T.F. E KICKBOXING CLUB CEE DE DEPORTES DE CONTACTO

• Club recoñecido pola FITE (Federación Internacional de Taekwon-Do ITF España) e pola Federación Galega de Kickboxing.

Escolas impartidas polo CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO dirixidas a nenos e nenas a partir dos 4 anos.

Días e instalación: luns e mércores no Pavillón Municipal de Brens.
Actividades, grupos e horarios:

TAEKWON-DO ITF ~

Grupo 4 a 8 anos: das 18:00 ás 19:00 horas

Grupo 9 a 14 anos: das 19:00 ás 20:00 horas

Grupo maiores de 15 anos: das 20:00 ás 21:00 horas.

KICKBOXING ~

Grupo maiores de 15 anos: das 21:00 ás 22:30 horas.

Pre-inscrición e máis información: chamando ao teléfono 661.910.234 ou ben no email clubceedc@hotmail.es
Prezo: 40 €/bimensual (2 irmáns 30€/bimensual).
As novas inscricións deberán aboar o importe do seguro/federativo correspondente á anualidade 2022 (30 €).

ESCOLAS DE TAEKWONDO, BAILE DEPORTIVO E XIMNASIA ACROBÁTICA CLUB ARTE E MOVEMENTO

• Club oficial recoñecido pola Federación Española de Taekwondo e pola Federación Española de Baile Deportivo (latinos, tiktok…). Escolas
impartidas polo CLUB ARTE E MOVEMENTO dirixidas a nenos e nenas a partir dos 3 anos.

• Días, horarios e instalación: segundo idade e actividade nas instalacións do club Arte e Movemento.

• Máis información: no club sede sita na rúa de Lugo nº 3 de Cee, ou ben chamando ao teléfono 607.323.391

ESCOLA DE TENIS DE MESA CLUB AGRUPACIÓN DEPORTIVA ZAS

• Impartida polo club de tenis de mesa AGRUPACIÓN DEPORTIVA ZAS dirixida a nenos e nenas a partir dos 7 anos.
• Días e horarios: martes e xoves das 15:30 ás 17:30 horas.
• Instalación: no Pavillón Municipal de Cee.
• Pre-inscrición: na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee ata o 28 de setembro de 2022 ou ben chamando ao teléfono 653.336.768 (club A.D. Zas).
• Prezo: 20 €/mes.
Data prevista comezo martes 4 de outubro

POBOACIÓN ADULTA

XIMNASIA DE MANTEMENTO

Actividade destinada á poboación adulta con idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos.
Pre-inscrición: na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee ata o 28 de setembro de 2022 ou ben chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 9).

GRUPO CEE (Data prevista comezo luns 3 outubro).
• Días, horarios e instalación: luns, mércores e xoves das 19:00 ás 19:45 horas.
• Instalación: no ximnasio do antigo “Instituto Raíces”.
• Taxa: 84 €/curso. Forma de pago: único ou fraccionado (42 €/catrimestre).

GRUPO BRENS (Data prevista comezo martes 4 outubro).
• Días e horarios: martes e xoves das 20:00 ás 20:45 horas.
• Instalación: no Pavillón Municipal de Brens.
• Taxa: 64 €/curso. Forma de pago: único ou fraccionado (32 €/catrimestre)

GRUPO PEREIRIÑA (Data prevista comezo luns 3 outubro).

• Días e horarios: luns e mércores das 20:00 ás 20:45 horas.
• Lugar: no salón Casa da Cultura de Pereiriña.
• Taxa: 64 €/curso. Forma de pago: único ou fraccionado (32 €/catrimestre).

GRUPO TOBA (Data prevista comezo luns 3 outubro).

• Días e horarios: luns e mércores das 21:15 ás 22:00 horas.
• Lugar: na escola antiga de Cabaleriza.
• Taxa: 64 €/curso. Forma de pago: único ou fraccionado (32 €/catrimestre).

ACTIVIDADE FÍSICA MAIORES DE 65 ANOS
Actividade para proporcionar un benestar físico e psíquico continuado ás persoas maiores de 65 anos.
Días e horarios: Martes das 17:30 ás 18:15 horas. Xoves das 18:00 ás 18:45 horas.
Instalación: no ximnasio do antigo “Instituto Raíces”.
Pre-inscrición: na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee ata o 28 de setembro de 2022 ou ben chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 9).
• Taxa: 20 €/curso.

Data prevista comezo martes 4 de outubro

ATLETISMO ADULTOS CLUB ASOCIACIÓN DEPORTIVA OLIMPIA

• Impartida pola ASOCIACIÓN DEPORTIVA OLIMPIA DE CEE.
• Días e horarios: Luns e mércores das 20:15 ás 21:00 horas.
• Instalación: no Estadio Municipal de Fútbol San Paio de Refoxos de Cee.
• Pre-inscrición: no facebook da Asociación Deportiva Olimpia ata o 28 de setembro de 2022 ou ben chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 9).
• Prezos: 50 €/trimestre.

Data prevista comezo luns 3 de outubro

TAEKWON-DO I.T.F. E KICKBOXING ADULTOS CLUB CEE DE DEPORTES DE CONTACTO
• Club recoñecido pola FITE (Federación Internacional de Taekwon-Do España) e pola Federación Galega de Kickboxing. Escolas impartidas polo CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO dirixidas a adultos.
• Días e instalación: luns e mércores no Pavillón Municipal de Brens.
• Horario: das 21:00 ás 22:30 horas.
• Pre-inscrición e máis información: chamando ao teléfono 661.910.234 ou ben no email clubceedc@hotmail.es
• Prezo: 40 €/bimensual (2 irmáns 30€/bimensual).
As novas inscricións deberán aboar o importe do seguro/federativo correspondente á anualidade 2022 (30 €)

BAILE DEPORTIVO, TAEKWONDO, ZUMBA, PILATES, TONIFICACIÓN E LADY STYLE ADULTOS CLUB ARTE E MOVEMENTO
• Club oficial recoñecido pola Federación Española de Taekwondo e pola Federación Española de Baile Deportivo. Escolas impartidas polo CLUB ARTE E MOVEMENTO dirixidas a adultos.
• Días, horarios e instalación: segundo idade e actividade nas instalacións do club Arte e Movemento.

• Máis información: no club sito na rúa de Lugo nº 3 (Cee), ou ben chamando ao teléfono 607.323.391

OFERTA ACTIVIDADES DO COMPLEXO DEPORTIVO PISCINA MUNICIPAL DE CEE

• Actividades de auga:
Natación embarazadas, bebés, cursos de iniciación e perfeccionamento, aquagym, preparación probas físicas oposicións, natación terapéutica…

• Actividades de seco:
Tonificación, pilates, abdominais, trx, step, zumba, baile latino, bike, kick boxing-boxeo, jiu-jitsu brasileiro, adestramento persoal, readaptación física, ioga…
Zona cardiovascular e zona con máquinas de musculación.
• Destinatarios: toda a poboación.
• Días e horarios apertura:

De luns a venres das 8:00 ás 14:00 h. e das 16:00 ás 22:00 horas.
Sábados das 9:00 ás 14:00 h. e das 16:00 ás 20:00 horas
Domingos e festivos das 10:00 ás 14:00 horas.

• Instalación: complexo deportivo Piscina Municipal de Cee
• Máis información e inscricións: no teléfono 981745201.

Deja un comentario

TurismoCee