XXIII DÍA DA BICI EN CEE

As bicicletas percorrerán o concello de Cee grazas á colaboración do Club Ciclista Cee.
A finalidade deste evento non é outro que estimular o uso da bicicleta como medio de locomoción alternativo. Ademais é beneficioso para a saúde e respectuoso co medio ambiente.
• Destinatarios: a partir dos 4 anos de idade.
Aviso: o uso do casco é obrigatorio.
• Día: sábado 11 de xullo
 Horario: as 11.00 h. (Hora de concentración, na praza 8 de marzo).
• Distancia do itinerario: 13 km.
• Lugar de saída: avda. Lino Rodríguez Madero, a carón da oficina da Policía Local (parte traseira da casa do concello).
• Inscrición gratuíta: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (1º andar) ata o xoves 9 de xullo ás 14:00 horas.
• Mais información: no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 3).

Formulario de inscrición 

Formulario de inscrición

Deja un comentario