Recibida resolución de concesión da Consellería de Emprego e Igualdade en relación ao expediente TR351G2025-000000059-01 pola que se concede unha subvención para a contratación de tres traballadores o abeiro da ORDE do 5 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2025 (código de procedemento TR351G) (DOG nº 50 de 13 de marzo de 2025)
Visto que a orde de convocatoria establece
“As entidades beneficiarias da subvención solicitarán as persoas traballadoras que necesiten mediante a presentación de oferta de emprego na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir as persoas traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados; deberá presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación, que deberá responder á codificación prevista no Catálogo nacional de ocupacións (CNO), …”
Este Concello procederá a contratación dentro do programa APROL RURAL 2025, unha vez publicadas as bases do proceso selectivo na SEDE, de tres traballadores para o desenvolvemento do servizo “Brigada de obras e servizos de mantemento e conservación” a través de oferta de emprego ante o SEPE de Cee,
- Contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral.
- Duración: Nove (9) meses
- Nº de traballadores: 3.
- Selección de candidatos: Oferta de emprego no Servizo Público de Emprego.
- Requisitos específicos: ORDE do 5 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2025 (código de procedemento TR351G) (DOG nº 50 de 13 de marzo de 2025)
Bases APROL RURAL 2025
Nos próximos días o Concello de Cee procederá a presentar no SEPE oferta para a contratación de tres traballadores ao abeiro da convocatoria APROL 2025 (Peón forestal, nove meses, xornada completa)
ACTUALIZADO 30/05/2025
APROL 2025. Anuncio candidatos remitidos oferta de emprego e apertura prazo pres. solicitudes
Proceso selectivo de contratación TR351G 2025 – Subvención para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural)
ACTUALIZADO 05/06/2025
APROL RURAL 2025. Acta I. Constitución tribunal. Listas admitidos-excluidos e convocatoria probas
ACTUALIZADO 09/06/2025
Publicación Acta II. Baremación fase concurso e Acta III. Proba práctica, puntuacións finais provisionais e apertura prazo alegacións APROL 2025