Mediante Resolución da Alcaldía número: 118/2024 de data: 12 de febreiro de 2024, aprobáronse as bases para a formación dunha bolsa de emprego para provisión, mediante funcionario/a interino/a, da praza de auxiliar administrativo do Concello de Cee, o que se fai público para o seu coñecemento e aos efectos oportunos.
Bases para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión, mediante funcionario/a interino/a, da praza de auxiliar administrativo/a do concello de Cee.
Presentación de instancias
As instancias, dirixiranse a alcaldesa do Concello e presentaranse no Rexistro Xeral, durante o prazo de dez (10) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio ou bases no BOP. Poderán así mesmo remitirse na forma determinada na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Con respecto ás solicitudes que se presenten nalgunha das formas establecidas no artigo 16.4. apartados b), c) e d), deberán comunicar esta circunstancia ao Concello antes do remate do prazo de presentación de instancias mediante o envío da instancia debidamente selada na oficina ou organismo correspondente á conta de correo correo@cee.gal co asunto “PROCESO AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A INTERINO/A PARA CONSTITUCIÓN BOLSA”. Os aspirantes que non acrediten a presentación da solicitude coa correspondente imposición poderán ser excluídos do procedemento. Esta regra rexerá igualmente para calquera outra documentación que deba presentarse polo interesado nas demais fases do procedemento.
Xunto coa instancia debidamente asinada (ANEXO I) solicitando participar no proceso deberá presentarse a seguinte documentación:
a) Copia documento nacional de identidade (DNI), NIE, pasaporte ou documento equivalente válido en Dereito.
b) Copia título esixible, ou en condicións de obtelo, na data en que termine o prazo de presentación de instancias; a citada titulación será o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
c) Para a valoración da fase de concurso, como requisito necesario, os aspirantes deberán achegar un índice que, resumindo a experiencia profesional e formación alegadas, na que se exprese de forma ordenada a puntuación total e as parciais de cada sección e apartado, sumando as que consten individualizadas para cada mérito, segundo os criterios destas Bases. O referido índice precederá ao conxunto de documentos xustificativos que resultan necesarios. De tratarse dunha titulación obtida no estranxeiro, deberá achegarse documento que acredite de maneira fidedigna a súa homologación polas autoridades españolas.
d) Copia do certificado de aptitude do Celga 4 ou superior ou do curso de aptitude equivalente ou ben a validación correspondente. No suposto de non posuír este certificado ou título equivalente o aspirante deberá superar a proba de coñecemento do idioma galego establecida nestas bases.
ACTUALIZADO 03/04/2024
Listas provisionais de admitidos e excluidos Bolsa de emprego auxiliar administrativo 2024
ACTUALIZADO 24/04/2024
Listas definitivas de admitidos e excluidos, convocatoria para a realización da primeira proba. Bolsa de emprego auxiliar administrativo 2024
Convócase ao Tribunal de selección para a súa constitución o día 20/05/2024 ás 9.00 h. e convócase aos candidatos admitidos o día 20/05/2024 ás 10.00 h. para a realización da primeira proba da fase de oposición establecida nas bases de convocatoria, na Biblioteca, sita no 3º andar da Casa de Cultura de Cee (Paseo Alcalde Pepe Sánchez, nº. 9 – 15270 Cee, A Coruña)
ACTUALIZADO 24/05/2024
Acta I. Proceso selectivo aux. administrativo. Constitución tribunal, celebración proba 1 fase oposición, puntuacións provisionais proba, apertura prazo de alegacións e convocatoria da segunda proba
Prazo de alegacións: 10 días hábiles dende a publicación desta acta no taboleiro da sede electrónica municipal.
Convocatoria realización segunda proba da fase de oposición: 13 de xuño de 2024 ás 10.00 h.
ACTUALIZADO 12/06/2024
Acta II. Proceso selectivo aux. administrativo. Revision alegacións e puntuacións definitivas da primeira proba da fase de oposición.
Convocatoria realización segunda proba da fase de oposición: 13 de xuño de 2024 ás 10.00 h.
ACTUALIZADO 20/06/2024
Acta III do proceso selectivo de celebración da segunda proba da fase de oposición, puntuacións provisionais e apertura de prazo de alegacións
ACTUALIZADO 25/06/2024
Plantilla de respostas 2ª proba fase oposición P.S. Aux. Administrativo
ACTUALIZADO 28/06/2024
Acta IV. Fase de concurso praza de Auxiliar Administrativo/a