Escola de teatro. Curso 2026/2027

Como cada ano en Cee, a Escola Municipal de Teatro de Cee abre o seu prazo de reserva de praza para que todas as persoas que o desexen poidan adquirir as habilidades necesarias para subirse ao escenario.

RENOVACIÓN DE PRAZA

O alumnado matriculado no curso 2025/2026 pode realizar a matrícula para este curso escolar (2026/2027) entre o 1 e o 12 de xuño de 2026 (Ámbolos dous inclusive)

ALUMNADO DE NOVO INGRESO

O día 17 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web municipal (https://cee.gal) a oferta de prazas vacantes, abríndose un prazo de reserva destas prazas vacantes para o alumnado de novo ingreso, dende o 18 ata o 25 de xuño (ambos incluídos)

Para a súa adxudicación terase en conta a orde de entrada das solicitudes no rexistro municipal.

Publicación da lista de admitidos de novo ingreso e prazo para matricularse

día 29 de xuño, publicarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na súa páxina web, o listado de  admitidos que terán do 30 de xuño ata o 10 de xullo (ambos incluídos) para formalizar a matrícula no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera medio indicado no artigo 16.4 da Lei 39/2015 LPACAP .

TAXAS:

A contía das taxas regulada na Ordenanza Fiscal correspondente é a seguinte:

– Matrícula:  10 € por curso (ingresarase directamente na conta do Concello no momento de facela matrícula)

– Curso Grupo Infantil e Xuvenil: 60 €/curso

– Curso Grupo Adultos: 100 € /curso

O cobro das taxas correspondentes ao curso realizarase en dous pagos por domiciliación bancaria ou  como determine a tesourería municipal.

Faranse efectivos na primeira quincena do meses de outubro e marzo.

FORMULARIOS

Formulario de renovación de praza

Reserva de praza Novo Ingreso

Formulario de matrícula Novo Ingreso.

 

 

 

Deja un comentario