Este curso 2023-2024 a Escola de música abrirá de novo as súas portas para acoller a todos aqueles que desexen estudiar acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba ou violín.
NORMAS XERAIS
De cara ó vindeiro curso a Escola de Música de Cee oferta as prazas contempladas no PPT que rexe o proceso de licitación do servizo da Escola.
Renovación de matrícula
Os alumnos/as que están cursando estudos durante o curso 2022/23 teñen a posibilidade de renovar, no Rexistro Xeral do Concello, a súa matrícula para o vindeiro curso 2023-24 no período comprendido entre os días 6 e 30 de xuño. De non renovar a matrícula neste período, as súas prazas pasarán a formar parte da oferta de prazas vacantes que se ofrecerán a aquelas persoas que se matriculen por primeira vez na Escola.
Alumnos/as de novo ingreso
Rematado o prazo de renovación de matrículas, publicarase, no taboleiro de anuncios da Escola de Música o día 12 de xullo, a oferta de plazas vacantes para alumnos/as de novo ingreso. O prazo para reservar algunha destas prazas vacantes comprenderá desde o 13 ata o 31 de xullo.
Publicación da lista de admitidos de novo ingreso e prazo para matricularse
O día 9 de agosto publicarase no taboleiro de anuncios da Escola de Música o listado de alumnos/as admitidos que terán do 10 de agosto ata o 8 de setembro para facer efectiva a súa matrícula.
Unha vez transcurrido o plazo de matriculación, todas aquelas personas que non formalizaran a mesma perderán todos os seus dereitos como alumnos/as e pasarán, en caso de solicitalo, á lista de espera do seu curso e materia correspondente.
Ó longo do curso poderanse realizar as matrículas que sexan necesarias sempre e cando existan prazas vacantes no grupo e horario demandado e non altere o desenvolvemento académico do curso. Terán prioridade as persoas que se atopen na lista de espera. Dita lista únicamente será válida para o curso académico en vigor.
Baixas durante o curso
Aqueles alumnos/as que queiran darse de baixa unha vez iniciado o curso, presentarán ésta no Rexistro Xeral do Concello no impreso específico para tal fin. Deberán presentala 15 días antes do mes no que vaian a causar baixa, procedendo o Concello a devolver a parte proporcional das clases non consumidas, sen contar a matrícula.
Impago das cuotas
O impago das cuotas por parte dos alumnos/as da Escola dará lugar a súa baixa da mesma perdendo os dereitos de renovación da súa praza para o seguinte curso.
Impreso de renovación de matrícula da Escola de Música. Curso 2023 – 2024
Impreso de renovación de matrícula da Escola de Música. Curso 2023 – 2024
ACTUALIZADO 12/07/2023
Listado de prazas vacantes para novo ingreso na Escola de Música. Curso 2023-2024
Listado de prazas vacantes para novo ingreso na Escola de Música. Curso 2023-2024
Os/as alumnos/as que opten a estas prazas de novo ingreso farán a súa solicitude de reserva de praza do 13 ata o 31 de xullo no Rexistro Municipal.
O día 9 de agosto publicarase no taboleiro de anuncios da Escola de Música o listado dos alumnos/as admitidos que terán do 10 de agosto ata o 8 de setembro para facer efectiva a súa matrícula no Rexistro Xeral do Concello
para o que presentarán copia do pago da matricula (20 €) e certificación do número de conta bancaria no que domiciliar o pago das clases.
ACTUALIZADO 09/08/2023
Listado de admitidos novo ingreso na Escola de Música. Curso 2023-2024
Listado de admitidos novo ingreso na Escola de Música. Curso 2023-2024
Prazo de formalización de matrícula: Dende o 10 de agosto ata o 8 de setembro de 2023
Os alumnos de piano sinalados cun asterisco (*) fican en lista de agarda.
NOTA: A causa da lei de protección de datos, na presente lista figuran os nomes dos titores daqueles alumnos que son menores de idade.
ACTUALIZADO 19/09/2023
Horario Curso 2023-2024.
Prazas dispoñibles e reunión elección de horarios.
ACTUALIZADO 29/09/2023
REUNIÓN PARA ELECCIÓN DE HORARIOS NAS MATERIAS INSTRUMENTAIS
As clases colectivas (linguaxe musical, coro, harmonía, prepatarorio e música e movemento) comezarán o mércores 4 de outubro.
As clases instrumentais comezarán a partir do día seguinte á reunión dos horarios co profesor correspondente.
Luns, 2 de outubro
- Saxofón 18:30 h Linguaxe musical B
- Vento metal, ás 19 h. Linguaxe musical A
- Acordeón e Piano ás 19:30 h. Linguaxe musical B
Martes, 3 de outubro
- Percusión ás 18 h. Aula Magna da Escola de Música
- Violín ás 18:00 h. Linguaxe musical A
- Guitarra ás 18:30 h. Linguaxe musical B
- Clarinete ás 18:30 h. Aula de clarinete
- Gaita ás 19 h. Aula de gaita
Mércores 4 de Outubro
- Frauta ás 18:00 h. Linguaxe musical B
Ola.
Considero que falta a modalidade de instrumento (sen ningunha hora de teoría) porque hai alumnos aos que únicamente lles interesa esa posibilidade.
Un saúdo