Escola Municipal de Teatro de Cee. Reserva de praza

O prazo para a reserva de praza na Escola Municipal de Teatro de Cee estará aberto dende o 14 de setembro ata o 6 de outubro.

Como cada ano en Cee, a Escola Municipal de Teatro de Cee abre o seu prazo de reserva de praza para que todas as persoas que o desexen poidan adquirir as habilidades necesarias para subirse ao escenario. Os grupos divídense por idades quedando coas seguintes taxas:

INFANTIL

Taxa: 40€/curso

ADULTOS

Taxa: 70 €/curso

MAIORES DE 65 ANOS

Taxa: 25 €/curso

INSCRICIÓNS 

Por sede electrónica ou no rexistro xeral do concello en horario de luns a venres de 9.00 h. a 13.30 ata o 6 de outubro de 2023.

REUNIÓN DE PRESENTACIÓN

As reunións de presentación da Escola do próximo curso serán o 2 de outubro no Salón de Actos do Concello (2º andar):

  • Ás 19 h.- presentación infantil
  • Ás 20.30 h. – presentación adultos

Inicio das clases:
Martes 3 de outubro: infantil
Luns 9 de outubro: adultos

FORMULARIO DE RESERVA DE PRAZA

Formulario de reserva de praza «Escola Municipal de Teatro de Cee»

 

Deja un comentario

TurismoCee