EXPOSICIÓN DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS ÁS CORTES XERAIS DO 10 DE NOVEMBRO DE 2019

Faise público que o censo electoral para as eleccións a cortes xerais, que se celebrarán o día 10 de novembro de 2019, poderá consultarse nas oficinas municipais do 30 de setembro ao 7 de outubro, de 9.00 a 13.30 horas, para os efectos de presentación de reclamacións.
Debe consultarse especialmente polas persoas que fixeron recentemente 18 anos ou que os van facer ata o día da votación e, tamén, as que modificaron o seu domicilio nos últimos meses.
O censo pode consultarse, así mesmo, nos teléfonos 981.217.439, 981.217.426, 901.101.900 e, con certificado electrónico, no enderezo web https://sede.ine.gob.es/consulta_electoral_elecciones
Así mesmo, durante o mesmo prazo, os electores poderán solicitar a exclusión das copias do censo electoral que se entregan aos partidos políticos para realizar envíos postais de propaganda electoral. Este trámite poderá realizarse tamén na sede electrónica do INE.

BANDO: Bando exposicion censo electoral novembro 2019.

Deja un comentario

TurismoCee