A Asociación Concellos Camiño Fisterra- Muxía organiza un curso formativo sobre economía circular no turismo, co obxectivo de mellorar a calidade do servizo e fomentar a sustentabilidade.
O curso busca difundir ferramentas para que os profesionais do sector turístico poidan ofrecer unha atención de calidade no Camiño Fisterra – Muxía, aumentando a calidade e sustentabilidade do sector.
O curso será impartido por profesionais con experiencia en turismo, sustentabilidade e economía circular, e dividirase en catro bloques temáticos. O curso levarase a cabo o 8 e 9 de novembro de 2023, no Salón de Plenos do Concello de Corcubión.
CARA Á CALIDADE E A SUSTENTABILIDADE DO SECTOR
En 2050, o consumo mundial será equivalente ao de tres planetas, o que significa que necesitamos modelos económicos baseados en ciclos pechados para preservar recursos naturais e evitar residuos. A transición cara a modelos sustentables e circulares é unha das principais pancas de cambio da economía actual, e o sector turístico debe integrar criterios de sustentabilidade e circularidad para ser competitivo e eficiente. A Estratexia de Turismo Sustentable de España 2030 promove esta evolución cara á economía circular.
Os empresarios e emprendedores teñen unha oportunidade para desenvolver unha oferta turística innovadora e diferenciada nun mercado turístico que tende cara á diversificación e a innovación con criterios de sustentabilidade.
Inscrición no seguinte formulario:
Descarga o programa completo a continuación: