Convocatoria de curso CELGA 4 no Concello de Cee

Hoxe sae publicado no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos cursos CELGA con carácter gratuíto.

  • CURSO CONCEDIDO: CELGA 4
  • DESTINATARIOS: maiores de 16 anos.
  • PRAZO DE SOLICITUDE: 15 días hábiles desde a súa publicación no DOGA.
  • DURACIÓN DO CURSO: 70 horas lectivas.
  • LUGAR: IES FERNANDO BLANCO (Avenida Fernando Blanco, 99)
  • DATAS: 19/10/2015 – 09/12/2015.
  • HORARIO: 20.00 a 22.00.
  • DÍAS: de luns a venres.
  • DOCUMENTACIÓN: Copia cotexada do DNI. Non será necesario presentar o dito documento sempre que o titular autorice á Secretaría Xeral de Política Lingüística para que verifique os seus datos de identidade.

Toda aquela persoa interesada pode presentar as solicitudes no primeiro andar do Concello de Cee en horario de oficinas (luns a venres de 9.00 a 13.30 horas) ou por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

TurismoCee