Convocatoria Probas CELGA 2, 3 e 4 publicada no DOG do 13 de setembro de 2021

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C).

Destinatarios:

Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes de finais do ano 2021, nacionais ou estranxeiras.

Datas realización das probas

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de novembro e/ou decembro de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Lugar das probas

Santiago de Compostela e Ponferrada.

Prazo de solicitude:

Do 14 de setembro ao 4 de outubro de 2021

Forma de presentación:

Telematicamente ou en formato papel. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electónica da Xunta de Galicia.

Taxa de exame

Importe taxa dereitos de exame: 16,59 €

O pagamento poderá efectuarse por vía telemática ou presencial:

Se se tramita de modo telemático, accederase á Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.atriga.gal/) e efectuarase o pagamento mediante tarxeta ou cargo na conta.

Se se tramita de modo presencial, obterase un modelo de autoliquidación de taxas que pode descargarse en branco da Oficina Virtual Tributaria para cubrir á man ou ben imprimilo xa cuberto grazas á aplicación, e presentarase nunha entidade financeira colaboradora. Así mesmo, este modelo tamén se poderá solicitar nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia.

Os códigos que deben cubrirse son:

Consellería: Cultura, Educación e Universidade. Código: 07.

Delegación: servizos centrais. Código: 13.

Servizo: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código: 05.

Denominación taxa: inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso. Código: 304401.

Finalmente, achegarase o xustificante do pagamento xunto coa solicitude.

Deja un comentario

TurismoCee