O obxectivo desta acción formativa é achegar formación e información básica ás familias coidadoras de enfermos con alzhéimer e outras demencias para afrontar os coidados.
- Datas: 10, 12, 17 e 19 de novembro.
- Horario: das 11:00 ás 13:00 horas.
- Lugar: Salón de Actos da Casa do Concello de Cee.
- Inscrición: no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cee (tel. 981745100) ou na Federación Alzhéimer Galicia (tel. 981595121). PRAZAS LIMITADAS