Probas para a obtención do certificado de lingua galega: niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

Obxecto

Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022.

Datas de realización das probas .

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2022. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal).

Localidades onde se van realizar as probas e niveis .

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

A quen vai dirixido?

Persoas maiores de dezaseis anos.

Prazo

Prazo de presentación: 21/03/2022 – 8/04/2022

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

 

Máis información:

Inscrición para a realización das probas do Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Sede electrónica
RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2021 pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022

Deja un comentario

TurismoCee