Guía de actuación para mulleres que estean a sufrir violencia de xénero en situación de permanencia domiciliaria derivada do estado de alarma por COVID-19
A violencia de xénero non é un problema privado, é unha violación dos dereitos humanos que incumbe a toda a sociedade, especialmente ós poderes públicos. Por iso, nesta situación de «estado de alarma», coas dificultades que engade o illamento nos fogares e o peche de moitos servizos, dende o Ministerio de Igualdade queremos informar a tódalas mulleres que poidan estar a vivir estas situacións de violencia das accións preventivas e resposta fronte á violencia de xénero que seguen en marcha, especialmente se se trata de situacións de emerxencia.
Servizos Xerais
¿Necesitas información xeral e asesoramento, incluíndo asesoría xurídica?
O 016 segue en funcionamento con normalidade as 24 horas, todos os días da semana. Podes asesorarte sobre os recursos dispoñibles e os dereitos das vítimas de violencia de xénero:
Por teléfono: marca 016
Por mail: escribe a 016-online@mscbs.es
24 horas, 365 días ó ano
- Se buscas asesoramento xurídico de 08.00 a 22.00, todos os días da semana.
- Este servizo préstase en 52 idiomas e cun servizo adaptado a posibles situacións de discapacidade. Servizo Telesor www.telesor.es ; servicio de videointepretación svisual www.svisual.org
¿Necesitas falar sobre como te encontras? ?Necesitas apoio psicolóxico inmediato?
Ademais de buscar o apoio de familiares e amizades de confianza para que che axuden nestes momentos difíciles, se necesitas apoio emocional inmediato poñemos a túa disposición un servizo rápido vía WhatsApp. Podes contactar a través dos seguintes números:
WhatsApp de apoio emocional inmediato:
Escribe a: 682916136 / 682508507
¿Estás nunha situación de emerxencia?
Para situacións de emerxencia, podes chamar ó 112 ou ós teléfonos de emerxencias da Policía Nacional (091) e da Garda Civil (062), que seguen prestando servizo. Todos os teléfonos son gratuítos.
Ante unha situación de perigo, en caso de que non sexa posible realizar unha chamada, podes empregar a APP ALERTCOPS, dende a que se enviará unha sinal de alerta á policía coa túa localización.
Por teléfono: Chama ó 112 / Chama ó 091 (Policía Nacional) / Chama ó 062 (Garda Civil)
Ademais desta información xeral, a continuación respondemos algunhas dúbidas que poden xurdir, segundo a situación na que te atopes:
Máis información:
Guía de actuación para mulleres que estean a sufrir violencia de xénero en situación de permanencia domiciliaria derivada do estado de alarma por COVID-19