Bases para a contratación e formación de bolsa, dun técnico/a para a oficina de turismo de Cee, funcionario/a interino/a para o desenvolvemento de programa temporal do impulso do turismo no Concello de Cee, para o ano 2022/2023
ANUNCIO:
O Concello de Cee, mediante Resolución da Alcaldía número 435/2022, de data 10 de maio de 2022, aprobou as bases para a contratación e formación de bolsa, mediante oposición, dun técnico para a oficina de turismo de Cee, funcionario interino para o desenvolvemento do programa temporal de impulso do turísmo no Concello de Cee para o 2022/2023 con motivo do Xacobeo e ano Xubilar. O que se fai público para o seu coñecemento e ao efecto de presentación de solicitudes para participar no proceso.
BASES PARA A CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE BOLSA, MEDIANTE OPOSICIÓN, DUN TÉCNICO PARA A OFICINA DE TURISMO DE CEE, FUNCIONARIO INTERINO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA TEMPORAL DE IMPULSO DO TURÍSMO NO CONCELLO DE CEE PARA O 2022/2023 CON MOTIVO DO XACOBEO E O ANO XUBILAR.
OBXECTO DA CONVOCATORIA.
É obxecto da presente convocatoria a realización dun proceso selectivo, mediante oposición libre, dun técnico para o Programa de oficina de turismo de Cee, funcionario interino, grupo A2, nivel 16, durante catro meses e a constitución dunha bolsa para os anos 2022/2023.
A presente contratación realizase para a execución do Programa Temporal de impulso do turismo no Concello de Cee para o 2022/2023 con motivo do Xacobeo e o ano Xubilar e na anualidade 2022, financiase con cargo a resolución definitiva de concesión publicada no BOP nº 59, de data 28 de marzo de 2022 do Programa (DP0029): programa de subvencións a concellos e agrupacións de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes para o financiamento de gasto de persoal das oficinas de turismo.
CONTRATACIÓN DUN INFORMADOR TURÍSTICO EN CEE
A duración da contratación para a anualidade 2022,financiadas esta anualidade pola Deputación Provincial da Coruña, ten o seguinte calendario para a cobertura dos postos, catro meses tralo remate da selección do posto. Na seguinte anualidade dependerá da financiación existente e das necesidades que se determinen dentro do programa de Turismo.
Duración: 1 informador turístico 4 meses
N.º de traballadores: 2
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o día 1 de xuño de 2022
Bases: Bases Informador Turístico 2022
ACTUALIZADO 20/05/2022
Modificación Bases Informador Turístico 2022
ACTUALIZADO 03/06/2022
Decreto aprobación listas provisionais admitidos-excluídos e convocatoria proba informador turístico 2022
Convocar ós candidatos admitidos o día 22/06/2022 ás 09:00 horas no terceiro andar da Casa de Cultura de Cee (Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9, 15270 Cee, A Coruña) para a realización da proba tipo test establecida na fase de oposición.
Convocar ós candidatos admitidos o día 22/06/2022 ás 10:00 horas no terceiro andar da Casa de Cultura de Cee (Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9, 15270 Cee, A Coruña) para a realización do caso práctico establecido na fase de oposición
ACTUALIZADO 21/06/2022
Decreto aprobación listas definitivas admitidos-excluídos informador turístico 2022
ACTUALIZADO 22/06/2022
Exercicio 1. Test e respostas. Informador turístico 2022
Exercicio 1. Test e respostas. Informador turístico 2022
Puntuacións provisionais exercicio 1, totais e proposta bolsa e contratación informador turístico 2022
Prazo de alegacións: Do 23 de xuño ao 7 de xullo, ambos incluidos
ACTUALIZADO 12/07/2022
Publicación Decreto aprobación puntuacións definitivas, orde bolsa e solicitude doc. candidato proposto contratacion
Proceso selectivo para a contratación e formación bolsa de emprego dun técnico/a para a oficina de turismo de cee, funcionario/a interiono/a para o desenvolvemento de programa temporal do impulso do turismo no concello de Cee, para o ano 2022/2023.