Medidas COVID-19 Nivel Medio-Baixo

Nivel De Restrición Media Baixa

MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECIFICAS PARA CONCELLOS CON INCIDENCIA ACUMULADA A 14 DÍAS INFERIOR A 150 CASOS POR CADA CEN MIL HABITANTES

DECRETO 77/2021, do 7 de maio, polo que se declara a perda de efectos a partir das 00.00 do 9 de maio de 2021 das medidas adoptadas pola Presidencia da Xunta de Galicia na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210507/2640/AnuncioC3B0-070521-1_gl.pdf

ORDE do 7 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia tendo en conta a finalización da prórroga do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210507/2640/AnuncioC3K1-070521-6_gl.pdf

A eficacia das medidas neste decreto comezarán ás 00:00 horas do día 9 de maio de 2021

LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO

Elimínase o toque de queda, agás nos concellos que se atopen en nivel máximo de restricións.

REUNIÓNS SOCIAIS

• Reunións sociais dun máximo de catro persoas en espazos pechados e de seis persoas en espazos abertos ao aire libre,sexan de uso público ou privado, agás que se trate de convivintes .

• Prohibición de reunións sociais entre as 01.00 h. e as 06.00 h. agás conviventes.

USO DA MÁSCARA

• A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos, tanto na vía pública, espazos ao aire libre e en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

• Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas… así como nos vestiarios.

EXCEPCIÓNS:

• Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

• Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.

• No mar, praias e piscinas no momento do baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes.

• Nos establecementos de hostalaría e restauración, exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.

• No exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes. Non obstante, deberá usarse a máscara na práctica do deporte nas vías públicas, como rúas, avenidas, paseos, prazas e camiños de tránsito público, ou outros lugares que sexan lugar de circulación habitual de viandantes e polos que circulen de feito nese momento.

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

Lugares de culto

• Lugares de culto: 50% da súa capacidade máxima permitida.

• Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes e 25 en espazos abertos.

• Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas sexan ou non conviventes.

• Nas actuacións e nas actividades de ensaio que impliquen a participación de coros e agrupacións vocais de canto deberá asegurarse que se respecte en todo momento a distancia de seguridade interpersoal entre os integrantes do coro ou da agrupación e, polo menos, de 3 metros entre estes e o público. Será obrigatorio, en calquera caso, o uso de máscara durante toda a actuación e nas actividades de ensaio.

Realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais.

• Actos e reunión laborais, institucionais, académicos ou profesioanais: 50% da capacidad autorizada do local. Límite de 150 persoas en locais pechados e 300 persoas en locais ao aire libre.

• Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 50% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 4 persoas sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.

• Cines, teatros, auditorios, congresos: 50% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 500 persoas en locais pechados e 1000 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.

Actividades turísticas, centros e puntos de información:

• Actividades de turismo ao aire libre, organizadas por empresas habilitadas para iso, e a actividade de guía turístico, para grupos de ata un máximo de oito persoas máis o monitor, sexan ou non conviventes.

• Centros de información, casetas e puntos de información: 50% da súa capacidade e máximo de seis persoas nas actividades de grupo, sexan ou non conviventes.

DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULOS PARTICULARES

• Respectaranse as limitacións para grupos de persoas no correspondente ámbito territorial.
• Deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de persoas non conviventes.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

• No interior: Limitación ao 50% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

Non se poderá prestar servizo en barra.

• Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 75% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.

• Horario do peche ao público: 23.00 horas.

• Horario do peche ao público dos restaurantes: 01.00 horas sempre que cumpran os requisitos que se determinen no marco do Plan de Hostelaría segura. Non poden admitirse novos clientes a partir das 00.00 h.

• Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata a 01.00 horas.

• Permítese a entrega a domicilio ata as 01.00 horas.

HOTEIS E ALOXAMENTOS TURISTICOS

• Zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos  turísticos: 50% da súa  capacidade.

• Albergues turísticos: 30 % da súa capacidade

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS

• Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais:  Límite do aforo 50% de capacidade.

• Servizo de atención prioritario para maiores de 75 anos.

• O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente. ​

ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTES DELES E GRANDES SUPERFICIES

• Establecemento retallista e de actividades de servizos profesionais:  Límite do aforo 50% da súa capacidade.

• O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.​

• Servizo de atención prioritario para maiores de 75 anos.

• A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %.

• No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo  50% de capacidade total en cada un deles.

• Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.

• Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.

MERCADOS AO AIRE LIBRE

• Mercados con menos de 150 postos autorizados: 100% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.

• Mercados con 150-250 postos autorizados: 75% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.

• Mercados con máis de 250 postos autorizados: 50% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.

CENTROS DE LECER INFANTIL

• Capacidade máxima 50%. e un ratio dun monitor por cada 10 participantes

• Grupos dun máximo de seis nenos / nenas no exterior e de catro no interior.

ACTIVIDADE DEPORTIVA

Non federada:

• Ao aire libre  en grupos de ata seis  persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara

• En instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara

• Instalacións deportivas cubertas: límite 50% da capacidade máxima permitida.

• Vestiarios e zonas de ducha: límite 30% da capacidade máxima permitida.

Federada:

• Axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN

• A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial, sempre que non se supere unha capacidade do 50%.

ACUARIOS, ESTABLECEMENTOS  E ACTIVIDADES ZOOLÓXICAS, BOTÁNICAS OU XEOLÓXICAS

• Soamente poderán realizar a súa actividade cun límite máximo do 50% de ocupación​.

FESTAS, VERBENAS E OUTROS EVENTOS POPULARES 

• Peche das actividades.

CENTROS SOCIAIS, SOCIOCUMUNITARIOS, CLUBES DE XUBILADOS E CENTROS DE NATUREZA ANÁLOGA

• Capacidade máxima permitida: 30%.

• Actividades grupais: máximo de 4 persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía.

CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN DA REDE GALEGA DE ESPAZOS PROTEXIDOS

• Capacidade máxima permitida: 50%

• Actividades grupais: máximo de 6 persoas, sexan ou non conviventes

ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL PERMITIDA

• Escolas oficiais de idiomas.

• Escolas de arte e superior de deseño.

• Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

• Escola Superior de Arte Dramática.

• Conservatorios de música.

• Conservatorios de danza.

• Escolas de música.

• Escolas de danza.

• Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala.

• Centros autorizados de artes plásticas e deseño.

• Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.

• Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.

ACTIVIDADES NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE

I. Espectáculos públicos:

I.3. Espectáculos taurinos.

I.4. Espectáculos circenses.

I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.

I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:

II.3. Actividades de lecer e entretemento.

II.4. Atraccións recreativas.

III. Establecementos abertos ao público:

III.1. Establecementos de espectáculos públicos.

III.1.4. Circos.

III.1.5. Prazas de touros.

III.2. Establecementos de actividades recreativas.

III.2.1. Establecementos de xogo.

III.2.1.1. Casinos.

III.2.1.2. Salas de bingo.

III.2.1.3. Salóns de xogo.

III.2.1.4. Tendas de apostas.

Os establecementos de xogos colectivos de diñeiro, azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, locais de apostas, etc. poderán realizar a súa actividade cun aforo máximo do 50%. Horario de peche ás 23.00 h.

III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos.

III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.

III.2.3.2. Parques acuáticos.

III.2.3.3. Salóns recreativos.

III.2.3.4. Parques multiocio.

III.2.7. Establecementos de lecer e entretemento.

III.2.7.1. Salas de festas.

III.2.7.2. Discotecas.

III.2.7.3. Pubs.

III.2.7.4. Cafés espectáculo.

III.2.7.5. Furanchos.

• Serán de aplicación as medidas establecidas para Hostelería e Restauración.

Deja un comentario

TurismoCee