Cee, 24 de marzo de 2020.
BANDO DE ALCALDÍA
ASUNTO: Non obriga de pago polo usuarios de taxas, renda e canon polos/as servizos/actividades municipais suspendidas polo RD 463/2020 de 14 de marzo.
Margarita Lamela Louzán alcaldesa do Concello de Cee, co motivo do estado de alarma decretado polo COVID 19 (Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo) e logo da consulta e asesoramento dos Departamentos de Intervención e Secretaría Municipais, pola presente;
FAGO SABER que as taxas pola prestación dos servizos/actividades que están suspendidos/as polo Real Decreto (a título de exemplo: Escola de Música, Gardería Municipal, Actividades Deportivas etc), o non producirse o feito impoñible, os usuarios non están obrigados o pagamento, e no caso de ser cobrados con anterioridade, procederase a súa devolución proporcional.
No mesmo senso, a renda/canon dos locais de titularidade municipal, cuxa actividade está suspendida polo referido Decreto.