No DOG do 18/9/2015, publícanse unhas axudas para familias numerosas, que teñen como finalidade sufragar parte dos gastos para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas en Galicia.
Persoas beneficiarias:
- Familias que residan na CC.AA de Galicia.
- Que teñan título de familia numerosa en vigor.
- Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 7500€/anuais.
Información e trámite de solicitudes:
- A través dos Servizos Sociais.
- Por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es
Prazo de presentación: Ata o 19/10/2015.