Obradoiro: Directrices de Paisaxe de Galicia.
O mércores, 16 de marzo ás 18:30 h. na aula informática municipal da Casa do Concello de Cee organizarase un obradoiro de presentación do Catálogo de Paisaxes de Galicia, así como das Directrices da Paisaxe de Galicia para a comarca paisaxística da Terra de Fisterra.
As persoas interesadas en asistir deben comunicar o seu interese escribindo un correo electrónico a: atlaspaisaxe.iet@gmail.com
Calquera dúbida en relación a este proceso participativo pode ser dirixida a este mesmo enderezo electrónico, ou nos teléfonos 981.910.206 e 608.201.251.