Tipo de axuda:
- A razón de 100€/mes durante o primeiro ano de vida do neno ou nena.
- A axuda farase efectiva, a través dunha «tarxeta benvida«, que só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.
Persoas beneficiarias:
- Persoas que teñan fillos ou fillas nados entre o 1 de xaneiro do 2016 e o 31 de decembro do 2016.
Documentación a entregar:
- Libro de familia ou certificación do rexistro civil.
- Certificado de empadroamento colectivo.
- Solicitude cumprimentada en impresos oficiais.
Prazo de presentación de solicitudes:
- Dous meses contados, a partir do día seguinte ao nacemento.
Máis información e trámite de solicitudes, nos servicios sociais do Concello de Cee.