As probas de acreditación do CELGA retoman o seu prazo de inscrición interrompido coa declaración do estado de alarma e retrasa as datas das probas ata setembro e/ou outubro, sempre que a evolución da crise sanitaria permita desenvolvelas en condicións de seguridade.
O prazo de inscrición estará aberto dende mañá ata o vindeiro 16 de xuño. As persoas que desexen inscribirse deben cubrir o formulario de solicitude habilitado dende a sede electrónica da Xunta de Galicia.