Obxecto
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021.
Datas de realización das probas .
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
Localidades onde se van realizar as probas e niveis .
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Santiago de Compostela: NiveI Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4
Ponferrada: NivieI Celga 2, Celga 3 e Celga 4
As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
A quen vai dirixido?
Persoas maiores de dezaseis anos.
Prazo
Prazo de presentación: 18/03/2021 – 12/04/2021
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Información de taxas
Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:
-
- Inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e máis a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso (Código taxa: 30.44.01)
Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.
Documentación para a presentación
Presentación de solicitudes .
1. As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.
O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
2. As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % que as imposibilite para acreditar algunha das destrezas comunicativas (comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita, expresión escrita) poderán solicitar, motivadamente, a exención da realización da proba ou probas referidas a esas destrezas.
En todo caso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística valorará se a discapacidade alegada dá lugar á exención e/ou ao apoio solicitados.
3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Xustificante de pagamento da taxa (código 304401).
De acordo coa Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, modificada pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, logo da xustificación documental, estarán exentas do pagamento desta taxa.
b) Copia do certificado de discapacidade expedido por unha Administración distinta da da Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Taxas de exame.
1. Ademais de presentar a súa solicitude, as persoas que desexen participar nas probas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega deberán aboar a taxa que estea vixente. A contía da taxa correspondente á inscrición nas probas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega mantense en 16,59 euros.
2. A tramitación do pagamento da taxa poderá efectuarse por vía telemática ou presencial:
Se se tramita de modo telemático, accederase á Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.atriga.gal/) e efectuarase o pagamento mediante tarxeta ou cargo na conta.
Se se tramita de modo presencial, obterase un modelo de autoliquidación de taxas que pode descargarse en branco da Oficina Virtual Tributaria para cubrir a man ou ben imprimirse xa cuberto grazas á aplicación, e que se presentará nunha entidade financeira colaboradora. Así mesmo, este modelo tamén se poderá solicitar nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia.
Os códigos que deben cubrirse son:
Consellería: Cultura, Educación e Universidade. Código: 07.
Delegación: Servizos Centrais. Código: 13.
Servizo: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código: 05.
Denominación taxa: inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso. Código: 304401.
Finalmente, achegarase o xustificante de pagamento xunto coa solicitude.
3. Non se admitirá o aboamento das taxas fóra do prazo de presentación de solicitudes indicado nesta convocatoria.
4. O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselle, logo da solicitude correspondente, a quen figure na listaxe definitiva de persoas excluídas.
Para solicitar a devolución das taxas disporase dun prazo de dous meses, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.
Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.