ACTUALIZADO 01/07/2021. Proceso de selección 11 peóns para o servizo de limpeza de praias e entornos 2021

PROCESO DE SELECCIÓN 11 PEÓNS PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS E ENTORNOS 2021


Obxecto da convocatoria.

Esta convocatoria ten por obxecto a contratación do servizo de persoal de limpeza de praias e contorna nos termos
establecidos na Convocatoria do programa de limpeza de praias marítimas dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2021 e na concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa MA100, de limpeza de praias marítimas 2021.

Modalidade e duración do contrato.

Contrato de duración determinada a tempo parcial por obra ou servizo, tipo 501, grupo cotización 10, cunha xornada
laboral de 4 horas diarias.
Duración: dous meses coa data límite do 31/10/2020.
N.º de traballadores: 11.
As vacacións e o horario, que poderá ser partido en xornada de mañá e tarde, adaptaranse ás necesidades do servizo

Presentación de instancias.

As instancias dirixiranse á Alcaldesa do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 13.30
horas, situado na rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña, ou na forma prevista nas Leis 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas e 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación das Bases no BOP, nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.
Non obstante, no caso de non presentarse a instancia no rexistro xeral do Concello, deberá anticiparse a presentación da solicitude de participación, a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama etc…) que deberá ter entrada no rexistro do Concello antes de que remate o prazo e hora fixados como o último día para a presentación de solicitudes.

Documentación

Os aspirantes ó posto deberán aportar a seguinte documentación.

a) Obrigatoriamente

 Solicitude nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.

b) Voluntariamente

A presentación de documentación acreditativa dos aspectos a valorar na fase de concurso é voluntaria por parte do
aspirante. En todo caso, non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles méritos que non queden debidamente
acreditados, en todos os seus extremos, no último día do prazo de presentación da instancias.
Segundo establece o artigo 28.3 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas a documentación poderá aportarse en copia simple. En caso de que dita documentación xa obrase en poder da administración poderá solicitarse que se faga uso da mesma.

Bases Proceso de selección do persoal de Limpeza de Praias e Entornos 2021

Bases Proceso de selección do persoal de Limpeza de Praias e Entornos 2021

Prazo de presentación de instancias: 08/06/2021 ata o 22/06/2021

ACTUALIZADO 25/06/2021

Decreto aprobación listas definitivas de admitidos e excluidos e convocatoria proba fase oposición

Decreto aprobación listas definitivas de admitidos e excluidos e convocatoria proba fase oposición

Data de publicación do decreto no taboleiro: 25/06/2021

 Convocar aos candidatos admitidos o 30/06/2021 ás 10.00 h. no Antigo Instituto Raíces (Rúa Buenaventura Castro Rial, s/n 15270 – Cee (A Coruña) para a realización da proba establecida na fase de oposición. 

ACTUALIZADO 28/06/2021

Acta de baremación da Fase de Concurso  para o Servizo de Limpeza de Praias e Entornos 2021

Acta de Baremación da Fase de Concurso para o Servizo de Limpeza de Praias e Entornos 2021

Data de publicación do decreto no taboleiro: 28/06/2021

Prazo de alegacións: do 29/06/2021 ata o 12/07/2021

ACTUALIZADO 01/07/2021

Acta de fase de oposición, puntuacións totais e proposta de candidatos

Acta de fase de oposición, puntuacións totais e proposta de candidatos

Data de publicación do decreto no taboleiro: 01/07/2021

Prazo de alegacións: do 02/07/2021 ata o 15/07/2021

1 comentario en «ACTUALIZADO 01/07/2021. Proceso de selección 11 peóns para o servizo de limpeza de praias e entornos 2021»

Deja un comentario

TurismoCee