ACTUALIZADO 06/02/2024: Proceso selectivo mediante concurso-oposición libre para a creación dunha bolsa de emprego de Técnico de Xestión de Recursos Humanos do concello de Cee

Bases para a formación dunha bolsa de emprego para a provisiòn, mediante funcionario/a interino/a, da praza de Técnico/a de Xestión de Recursos Humanos do Concello de Cee

Consulta íntegra das bases para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión, mediante funcionario/a interino/a, da praza de Técnico/a de Xestión de Recursos Humanos do concello de Cee.

Mediante Decreto da Alcaldía número 800/2023, data 5 de setembro de 2023, aprobáronse as bases para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión, mediante funcionario/a interino/a, da praza de técnico/a de xestión de recursos humanos do Concello de Cee, o que se fai público para o seu coñecemento e aos efectos de presentación de solicitudes.

Presentación de instancias.

As instancias, dirixiranse a alcaldesa do Concello e presentaranse no Rexistro Xeral, durante o prazo de dez (10) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio ou bases no BOP. Poderán así mesmo remitirse na forma determinada na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Con respecto ás solicitudes que se presenten nalgunha das formas establecidas no artigo 16.4. apartados b), c) e d), deberán comunicar esta circunstancia ao Concello antes do remate do prazo de presentación de instancias mediante o envío da instancia debidamente selada na oficina ou organismo correspondente á conta de correo correo@cee.gal co asunto “PROCESO TÉCNICO/A XESTIÓN RRHH INTERINO/A E POSTERIOR CONSTITUCIÓN BOLSA”. Os aspirantes que non acrediten a presentación da solicitude coa correspondente imposición poderán ser excluídos do procedemento. Esta regra rexerá igualmente para calquera outra documentación que deba presentarse polo interesado nas demais fases do procedemento.

Xunto coa instancia debidamente asinada (ANEXO I) solicitando participar no proceso deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Copia documento nacional de identidade (DNI), NIE, pasaporte ou documento equivalente válido en Dereito.

b) Copia título esixible, ou en condicións de obtelo, na data en que termine o prazo de presentación de instancias; a citada titulación será Grao universitario ou diplomatura en Relacións Laborais e Recursos Humanos, Graduado Social ou equivalente.

De tratarse dunha titulación obtida no estranxeiro, deberá achegarse documento que acredite de maneira fidedigna a súa homologación polas autoridades españolas.

c) Copia do certificado de aptitude do Celga 4 ou superior ou do curso de aptitude equivalente ou ben a validación correspondente. No suposto de non posuír este certificado ou título equivalente o aspirante deberá superar a proba de coñecemento do idioma galego establecida nestas bases.

d) Documentación acreditativa dos méritos alegados para valorar na fase de concurso.

Así mesmo, as persoas aspirantes, para os distintos actos de trámite que se deriven do proceso selectivo e que conteñan datos de carácter persoal, coa firma da súa solicitude de participación dan o seu consentimento para que a administración actuante poida proceder á publicación dos mesmos na súa páxina web ou en calquera outro espazo establecido para ese efecto.

 

Prazo de presentación de solicitudes

Dende o día 12 de setembro de 2023 ao 21 de setembro de 2023 (ambos inclusive)

ACTUALIZADO 26/12/2023

Decreto listas provisionais de admitidos e excluídos, e nomeamento tribunal
Bolsa de emprego para a provisión, mediante funcionario/a interino/a, da praza de TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS do Concello de Cee.

ACTUALIZADO 06/02/2024

Aprobación listas definitivas, modificación tribunal e convocatoria 1ª proba Tecn. Xestión RRHH

Bolsa de emprego para a provisión, mediante funcionario/a interino/a, da praza de TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS do Concello de Cee.

Deja un comentario

TurismoCee