Programa de Compostaxe

O concello de Cee en colaboración con SOGAMA, amplía o programa de compostaxe doméstica mediante a entrega de 50 novos composteiros entre as veciñas e veciños, que deberán dispoñer dunha horta ou xardín onde instalar o composteiro.

INSCRICIÓN: A partir do luns 21 de xuño mediante solicitude no rexistro municipal, ben presencialmente ou na sede electrónica. O prazo permanecerá aberto ata a adxudicación dos 50 composteiros.

A selección dos participantes será por orde de presentación e rexistro das solicitudes. Tódolos fogares seleccionados recibirán a información oportuna sobre o funcionamento do programa de compostaxe por parte dos técnicos de SOGAMA o día da entrega dos composteiros.

Máis información:

Manual de compostaxe doméstica.
Solicitude composteiro

Deja un comentario

TurismoCee