Do 10 ao 24 de xuño está aberto o prazo de preinscrición para o programa de conciliación «RESPIRA 2020».
DESTINADO A NENOS E NENAS ENTRE 3 E 10 ANOS (AMBOS INCLUSIVE):
- Fillas/os de familias monoparentais
- Fillas/os de nais/pais que traballen ambos fora da súa casa
- Fillas/os de familias con persoas dependentes ao cargo
- Fillas/os de nais/pais que asistan a cursos de formación
- Fillas/os de familias en risco de exclusión social
Para máis información pode dirixirse ás oficinas do CIM, no segundo andar do concello de Cee ou nos teléfonos 981745100 / 607026795