Programación Deportiva Municipal Verán 2021

Descobre as actividades da programación deportiva municipal para o verán 2021. Campamentos multiaventura, baloncesto, fútbol, baile e moito máis.

A programación deportiva municipal do verán 2021 presentouse esta mañá (11/06/2021) en rolda de prensa pola alcaldesa de Cee, o concelleiro de deportes, Juanma Buiturón, a concelleira de servizos sociais, Ema Trillo, o técnico municipal de deportes, Manolo Calo, e a directora do CIM, Concha Millán.

Podes consultar aquí todas as actividades:

[dflip id="7984" ][/dflip]

DEPORCAMPUS RC DEPORTIVO CEE VERÁN 2021

Campus de fútbol organizado pola «Fundación RC Deportivo» e impartido por adestradores do Real Club Deportivo. Esta actividade conta coa colaboración da S.R.D. Unión Club Cee, inclúe unha equipación deportiva, almorzo, diploma, sorteo de agasallos, merenda individual e máscara protección COVID DéporCampus.

Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 14 anos.

Días: do 28 de xuño ao 2 de xullo.

Horario: de 10.00 a 14.00 h. (a partir das 9.30 h. os adestradores recibirán aos participantes na instalación)

Instalación: Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos Cee.

Inscrición: http://deporcampus.rcdeportivo.es/

Data e horalímite de inscrición será o xoves 24 de xuño ás 12.00 h.

Máis información: no correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es ou ben no teléfono 981.259.500 (ext. 1-2)

PROGRAMA “ORIENTACIÓN, DEPORTE E AVENTURA” CONCELLO DE CEE VERÁN 2021

A orientación, a interpretación de mapas, o manexo do compás…, así como unha gran ximcana deportiva, serán algunhas das actividades protagonistas deste programa.
Destinatarios: 60 nenos e nenas de 7 a 14 anos (nados entre o 2014 e o 2007), preferentemente empadroados no Concello de Cee.
Quendas, días e horarios: 4 quendas de 15 participantes máx./grupo en horario das 10:00 ás 13:00 horas.

1ª quenda: luns 5 e mércores 7 de xullo.
2ª quenda: luns 12 e mércores 14 de xullo.
3ª quenda: luns 19 e mércores 21 de xullo.
4ª quenda:luns 26 e mércores 28 de xullo.

Localizacións: os luns na “área recreativa da fonte de Toba”, e os mércores na “praia da Concha”.
Inscrición gratuíta: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar) do luns 14 ao mércores 30 de xuño. No caso de existir máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público o xoves 1 de xullo no salón de Plenos da Casa do Concello.
Máis información: na web municipal www.cee.gal, no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9)

12º CAMPUS DE BALONCESTO “A.C.B. COSTA DA MORTE” CEE VERÁN 2021

 

Campus de baloncesto organizado polo club local de baloncesto “A.C.B. Costa da
Morte”. Nesta actividade traballaranse dun xeito lúdico e divertido os fundamentos técnicos do baloncesto: movemento de mans e pés de forma equilibrada,
o pase, a recepción do balón, o bote, o tiro a canastra, os principios básicos da defensa e o ataque,…
Destinatarios: rapaces e rapazas de 4 a 17 anos.
Días: martes e xoves (durante os meses de xullo e agosto). A actividade comezará o martes 6 de xullo.
Grupos, horarios e prezos:
Grupo 1 (de 12 a 17 anos): das 9:30 ás 11:00 horas. Prezo: 20€/mes
Grupo 2 (de 4 a 11 anos): das 11:00 ás 13:00 horas. Prezo: 25€/mes
Instalación: Pavillón Municipal de Cee.
Inscrición e máis información: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar), no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9)

 

 

CAMPUS DE FÚTBOL“S.R.D. UNIÓN CLUB CEE” VERÁN 2021

 

Actividades organizadas polo club local de fútbol “S.R.D. Unión Club Cee” durante o mes de xullo, no Estadio Municipal de Fútbol S. Paio
de Refoxos de Cee.

CAMPUS DE TÉCNIFICACIÓN (do 5 ao 28 de xullo)
Destinatarios: nenos e nenas de 4 a 13 anos.
Grupos, días e horarios:
Grupo 1 (nados entre 2008-2012): luns e mércores das 10:00 ás 11:30 horas.
Grupo 2 (nados entre 2013-2017): luns e mércores das 11:30 ás 13:00 horas.
Prezo: 30 €/campus (2º irmán 15 €)

CAMPAMENTO FÚTBOL FEMININO (do 6 ao 29 de xullo)
Destinatarios: categoría PROMESAS (nenas nadas entre 2010-2015).
Días e horarios: martes e xoves das 11:00 ás 12:30 horas.
Inscrición: gratuíta.

Inscrición e máis información: a partir do martes 1 de xuño vía telefónica ou whatsapp 665.168.663, ou no email unionclubcee@gmail.com

 

ESCOLA DE VERÁN “CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO” VERÁN 2021

 

 

Escola organizada polo “Club Cee deportes de Contacto”. O taekwon-do ITF e kick boxing serán as disciplinas que se desenvolverán nesta escola deportiva.


Destinatarios: nenos e nenas a partir dos 4 anos de idade.
Días: luns, mércores e venres (durante os meses de xullo e agosto). A actividade comezará o luns 5 de xullo.
Grupos e horarios:
Grupo 1 (a partir dos 16 anos): das 10:00 ás 11:00 horas.
Grupo 2 (de 9 a 15 anos): das 11:00 ás 12:00 horas.
Grupo 3 (de 4 a 8 anos): das 12:00 ás 13:00 horas.
Instalación: Pavillón Municipal de Brens.
Inscrición e máis información: no teléfono do club 690.375.063 ou ben no email clubceedc@hotmail.com

 

 

CAMPUS MULTIDEPORTE “PISCINA MUNICIPAL DE CEE” VERÁN 2021

 

 

Xogos, inchables, natación, deportes de loita, kayaks, nadar-surf, clases dirixidas con soporte musical, obradoiros, manualidades, saídas …
Destinatarios: nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade.
Quendas:
1ª quenda: do 5 ao 16 de xullo.
2ª quenda: do 19 ao 30 de xullo.
3ª quenda: do 2 ao 13 de agosto.
4ª quenda: do 16 ao 27 de agosto.
Horarios: das 10:00 ás 14:00 horas.
Instalacións: complexo deportivo da Piscina Municipal de Cee.
Prezos:
50€/quenda ABONADOS
100 €/quenda NON ABONADOS
Descontos 10% por máis dunha quenda
Máis información: na recepción da piscina, chamando aos teléfonos 981.745201 – 648.017.280 ou ben no email info@viraxes.com

 

CAMPUS DE VERÁN “CLUB ARTE E MOVEMENTO” VERÁN 2021

Actividades organizadas polo club local “Club Arte e Movemento” durante os meses de xullo e agosto.

POBOACIÓN INFANTIL (nenos e nenas de 5 a 16 anos)

CAMPUS TAEKWONDO ACROBÁTICO

Prezo: 17 €/mes (1 día á semana) 28€/mes (2 días á semana)

CURSO DE VERÁN DANCE TALENT (TIKTOK, CARIBEÑOS E HIP HOP)

Prezo: 20€/mes (inscrición gratuíta para nenos e xóvenes varóns)

POBOACIÓN ADULTA (a partir dos 16 anos)

CURSO INTENSIVO ESTILO CHICAS (SALSA, BACHATA)

Prezo: 15€/mes.

CURSO INTENSIVO BACHATA (PARELLAS CONVIVINTES)

Prezo: 20€/mes.

Inscrición e máis información (horarios, idades, grupos,…): no teléfono 607.323.391

 

PROGRAMA “RESPIRA” CONCELLO DE CEE VERÁN 2021

 

Programa de conciliación familiar durante os meses de xullo e agosto, no que as actividades lúdicas serán as protagonistas.

Destinatarios: 45 nenos e nenas de 3 a 10 anos (nenos de 3 anos xa escolarizados)
Días, horarios e quendas: de luns a venres, das 10:00 ás 14:00 horas.
1ª quenda: do 1 ao 16 de xullo.
2ª quenda: do 19 ao 30 de xullo.
3ª quenda: do 2 ao 13 de agosto.
4ª quenda: do 17 ao 31 de agosto.
*Posibilidade e inscrición por quendas ou meses.
Instalación: no C.E.I.P. Eugenio López de Cee.
Inscrición gratuíta: na oficina do Centro de Información á Muller do Concello de Cee (2º andar) do martes 1 ao martes 15 de xuño. A
adxudicación de prazas efectuarase previa valoración dos requisitos establecidos.
Máis información: nos teléfonos 981.745100 (CIM) e 607.026.795

Listaxe de admitidos e excluídos «Respira 2021»

Listaxe de Admitidos e Excluídos 'Respira 2021'

Deja un comentario

TurismoCee